Xestores de Contidos
Introducción
Os xestores de contidos permiten a separación do contido e do diseño, normalemente empregando unha base de datos para almacenar a información e proporcionan distintos roles aos usuarios, de xeito que se regula o seu grao de interaccion coa información publicada e gardada no sistema. Habitualmente poden aumentar a súa funcionalidade mediante módulos e soportan distintas visualizacións mediante Skins (peles)
Os CMS utilízanse para tarefas moi variadas, como o ensino a distancia con plataformas como Moodle, a creación de documentación e información Mediawiki, a xestión de blogs WordPress, a creación de portais informativos Drupal, comercio electrónico... etc.
Mediawiki
Mediawiki é unha plataforma Wiki desenvolta en PHP para a creación da Wikipedia. Está polo tanto orientada a elaboración de documentación, e mediante extensións e extremadamente persoalizable.