MediaWiki:Apihelp-main-param-origin
Cando se accede á API usando unha petición AJAX entre dominios (CORS), inicialice o parámetro co dominio orixe. Isto debe incluírse en calquera petición "pre-flight" e, polo tanto, debe ser parte da petición URI (non do corpo POST).
Para peticións autenticadas, isto debe coincidir exactamente cunha das orixes na cabeceira Origin
, polo que ten que establecerse a algo como https://en.wikipedia.org ou https://meta.wikimedia.org. Se este parámetro non coincide coa cabeceira Origin
, devolverase unha resposta 403. Se este parámetro coincide coa cabeceira Origin
e a orixe está permitida, as cabeceiras Access-Control-Allow-Origin
e Access-Control-Allow-Credentials
quedarán fixadas.
Para peticións non autenticadas, especifique o valor *. Isto fará que se fixe a cabeceira Access-Control-Allow-Origin
, pero Access-Control-Allow-Credentials
será false
e todos os datos específicos dos usuarios quedarán ocultos.