DHCP
DHCP (Dinamic Host Configuration Protocol)
O servicio DHCP ocúpase de asignar direccións IP de xeito automático aos equipos da rede que o soliciten. Simplifica a administración da configuración das IP dos equipos da rede, xa que evita a necesidade de levar un control manual das distintas IP.
Unha vez que un cliente DHCP obten unha concesión para unha dirección IP dun servidor, éste debe renovar periódicamente a concesión. O servidor otorgará a renovación ou ben ofrecerá unha nova IP.
As direccións IP asignadas se collen dun rango configurado no servidor. Esa IP (e os parámetros de rede adicionais) se otorga durante un tempo determiñado denominado tempo de concesión. Tamén é posible asignar a un dispositivo determiñado sempre os mesmos parámetros establecendo unha reserva.
Para configurar o xeito en que se van a otorgar as direccións é necesario configurar un ou varios ámbitos. Un ámbito é unha agrupación administrativa de direccións IP e de parámetros de configuración comúns (dns, gateway ...) que se utiliza para otorgar direccións IP a clientes situados nunha rede física.
Métodos de asignación
O protocolo DHCP define tres xeitos de asignar direccións IP:
- Manual ou estática
- Se engade sempre a mesma IP a unha máquina determiñada. É útil para evitar a conexión á rede de máquinas nin desexadas.
- Asignación automática
- Asigna unha dirección IP de forma permanente a una máquina cliente a primeira vez que realiza a solicitude ao servidor DHCP e ata que o cliente a libera. Utilízase en redes nas que non varía demasiado o número de clientes.
- Asignación dinámica
- Permite a reutilización dinámica das IP. O administrador configura un rango de direccións e os parámetros asociados.
Parámetros comúns de configuración no servidor DHCP poden ser: Dirección do servidor DNS, Porta de enlace, Máscara de subrede, Tempo máximo de espera ARP, MTU (Unidade de Transferencia Máxima), Servidores NTP (Protocolo de Tempo de Rede), Servidor SMTP, Servidor TFTP, Nome WINS...
O servidor DHCP garda nunha base de datos as IP que vai concedendo. A secuencia de asignación é a seguinte:
- O cliente envía unha petición broadcast DHCPDISCOVER.
- Os servidores responden con DHCPOFFER, que inclúe unha oferta de configuración. (inicialización)
- O cliente elixe a primeira oferta válida (selección).
- O cliente envía outra sinal broadcast DHCPREQUEST indicando o servidor seleccionado
- O servidor recibe o DHCPREQUEST e responde con DHCPACK, incluíndo os parámetros de configuración e a IP. No caso de que os parámetros enviados polo cliente non sexan correctos ou si a IP xa está en uso, responderá DHCPNAK.
- O cliente comproba o estado do enlace ao recibir DHCPACK mediante a orde arp para comprobar que non está duplicada, nese caso o notificará con DHCPDECLINE.
- Periódicamente antes de que caduque o tempo de concesión, o cliente emite un DHCPRENEW, solicitando a ampliación do plazo e o mantemento da configuración actual.
- Cando o cliente libera a IP o comunica mediante DHCPRELEASE.
A configuración DHCP únicamente funciona dentro dunha rede IP, si necesitamos chegar a outras redes mediante enrutadores necesitaremos un Axente de Retransmisión DHCP (DHCP relay).
IPv6
IPv6 xa ten previstos sistemas de configuración automática de IP, polo que non serían necesarios os servidores DHCP. Sen embargo, aínda se recurre ao servicio DHCP para permitir un maior control sobre as asignacións. Baixo IPv6 se permiten configuración sin estado (stateless) ou con estado (stateful). Na configuración stateless DHCP colabora cos mecanismos de asiganción automática IPv6, incorporando únicamente a información adicional, mentras que na configuración stateful o servidor se encarga de suministrar toda a información.