Fundamentos:Exercicios:Básicos:Tarxeta de Crédito
		
		
		
		
		
		Saltar á navegación
		Saltar á procura
		
		
	
Comprobar que unha codificacion de tarxeta de credito é valida.
O número dunha tarxeta compoñese de tres partes principais:
Os 4 primeiros díxitos son a identificación da entidade que proporciona a tarjeta. Cada banco ten un número distinto que se pode consultar en Internet.
O 5 díxito é o tipo de tarxeta. As máis importantes son:
- 4 -Visa
 - 3 -American Expres
 - 5 -Master card
 
Os 10 díxitos seguintes son o número de usuario e o identifican dun xeito único.
O último díxito é o díxito de control e se obten mediante o seguinte algoritmo.
Supoñamos unha tarxeta co número 4539 4512 0398 7356:
- Multiplicamos por dous os números das posiciones impares (4-3-4-1-0-9-7-5) deixando o resultado de cada multiplicación nun so díxito, sumando os díxitos de cada resultado:
 
- 4*2=8
 - 3*2=6
 - 4*2=8
 - 1*2=2
 - 0*2=0
 - 9*2=18 reducimos a un so díxito 1+8=9
 - 7*2=14 reducimos a un so díxito 1+4=5
 - 5*2=10 reducimos a un so díxito 1+0=1
 
- Sumamos os díxitos das posicións pares e os novos díxitos obtidos para as posicións impares
 
- (dixitos das posicións pares)5+9+5+2+3+8+6+(novos díxitos das posicións impares)8+6+8+2+0+9+5+1=80
 
- Si o resultado é mútiplo de 10, o número é válido.