Instalación e Configuración dun Servidor PXE
Saltar á navegación
Saltar á procura
Introducción
Un Servidor PXE (Preboot eXecution Environment), permite a un equipo cliente arrancar un SO a travé da rede. Isto pode ser útil nos seguintes casos:
- O equipo cliente non ten unidade de CD e queremos arrancar dende un CD-Live.
- O equipo cliente non ten disco duro e queremos que colla o SO dende a rede
- Ter diferentes utilidades, como memtest ou antivirus, preparadas para ser executadas sobre un equipo independentemente do que teña instalado.
Funcionamento
- No equipo cliente escollemos arrancar por PXE
- O Cliente PXE busca un servidor DHCP na rede
- Unha vez localizado, o servidor asignalle á máquina cliente unha IP, netmask, gw
- Mediante o protocolo TFTP o servidor envía á máquina cliente o SO
- O cliente co que lle manda o servidor é capaz de arrancar un minisistema na RAM.
Para instalar un Servidor PXE precisamos instalar:
- Servidor DHCP
- Servidor TFTP
Proceso de arranque do Servidor PXE en Detalle
- O cliente envía por broadcast unha menaxe DHCPDISCOVER
- O Servidor DHCP responde coa IP, next-server, filename
- O Cliente solicita unha petición TFTP a next-server solicitando filename.
- O Servidor TFTP responde e envía o filename o cliente.