Instalación e Configuración dun Servidor PXE
Saltar á navegación
Saltar á procura
Introducción
Un Servidor PXE (Preboot eXecution Environment), permite a un equipo cliente arrancar un SO a travé da rede. Isto pode ser útil nos seguintes casos:
- O equipo cliente non ten unidade de CD e queremos arrancar dende un CD-Live.
- O equipo cliente non ten disco duro e queremos que colla o SO dende a rede
- Ter diferentes utilidades, como memtest ou antivirus, preparadas para ser executadas sobre un equipo independentemente do que teña instalado.
==Funcionamento
1. No equipo cliente escollemos arrancar por PXE 2. O Cliente PXE busca un servidor DHCP na rede 3. Unha vez localizado, o servidor asignalle á máquina cliente unha IP, netmask, gw 4. Mediante o protocolo TFTP o servidor envía á máquina cliente o SO 5. O cliente co que lle manda o servidor é capaz de arrancar un minisistema na RAM.
Para instalar un Servidor PXE precisamos instalar:
- Servidor DHCP
- Servidor TFTP