Instalar Cisco Packet Tracer en Debian Stretch

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Revisión feita o 10 de novembro de 2015 ás 19:22 por Rojas (conversa | contribucións) (Nova páxina: "=== Preparativos === Para poder instalar o Cisco Packet Tracer no noso Debian Stretch debemos asegurarnos de ter instalado o seguinte: *'''Java''': Comprobamos que o temos instala...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Preparativos

Para poder instalar o Cisco Packet Tracer no noso Debian Stretch debemos asegurarnos de ter instalado o seguinte:

  • Java: Comprobamos que o temos instalado
usuario@debian:~$ java -version
java version "1.7.0_91"
OpenJDK Runtime Environment (IcedTea 2.6.2) (7u91-2.6.2-1)
OpenJDK 64-Bit Server VM (build 24.91-b01, mixed mode)
  • Habilitar a arquitectura de 32 bits: De momento só existe versión de Cisco Packet Tracer para 32 bits, polo que se queremos instalala nun sistema de 64 bits deberemos facer o seguinte.
    • Habilitar o repositorio de 32 bits:
dpkg --add-architecture i386
sudo apt-get update
    • Instalar as seguintes dependencias:
apt-get install libc6:i386
apt-get install lib32z1 lib32ncurses5
apt-get install libnss3-1d:i386 libqt4-qt3support:i386 libssl1.0.0:i386 libqtwebkit4:i386 libqt4-scripttools:i386

Instalación

Descargamos a versión 6.2 para Linux, versión estudante (179 MiB). Temos que ter unha conta na Cisco Networking Academy para poder baixala libremente. É un .tar.gz que copiamos en /tmp

  • Descomprimímolo en /tmp
  • Crease a carpeta PacketTracer62Student
  • Abrimos sesión como root e executamos o seguinte
cd PacketTracer62Student
chmod +x install
./install
  • Instálase por defecto en /opt/pt
  • Créase un enlace chamado packettracer que podemos empregar para executar o programa como usuario normal.

Nota: Se temos este erro durante a instalación

/tmp/testinternet                   [ <=>                                                     ]  52,71K  --.-KB/s   en 0,04s  

2015-11-09 12:46:02 (1,43 MB/s) - gardouse «/tmp/testinternet» [53979]

install: 59: install: Bad substitution

Foi porque executamos o programa de instalación como sh install en lugar de ./install

Referencias