Seguridade Perimetral
Introducción
A seguridade perimetral precisa da configuración de distintos elementos, sendo os máis importantes os tornalumes (devasas), proxys e as ferramentas de acceso remoto seguro, como o SSH ou as VPN.
Tornalumes ou Devasas (Firewall)
Hoxe en día é común a conexión das redes locais de ordenadores a Internet. Nunha rede local moitas veces se ofrecen servicios como a transferencia de ficheiros (ftp), o servicio Web (http), servicios de acceso remoto (RDP, SSH, telnet...) ou compartición de arquivos (NFS, CIFS ... etc) que si non temos especial coidado poden quedar expostas ao acceso dende redes externas (Internet) de xeito que potencialmente poden facilitar o acceso a información restrinxida ou confidencial. Para evitar esto, a primeira medida a tomar é pechar completamente o acceso dende o exterior á rede interna da empresa, agrupando nunha zona accesible dende o exterior e aillados da rede interna os servizos que se desexen ofrecer ao exterior (DMZ, ou zona desmilitarizada).
Para a implantación de DMZ, normalmente se recurre a máquinas especialmente configuradas para filtrar o tráfico de rede, de xeito que se poda establecer qué comunicacións están permitidas e cales non. Estes dispositivos reciben o nome de firewall.
Os tornalumes poden funcionar con dúas políticas: ACEPTAR, ou DENEGAR. Nas políticas de ACEPTAR, todo o tráfico que non é prohibido explícitamente está permitido, e coas políticas de DENEGAR todo o tráfico está prohibido, excepto o permitido explícitamente.
Podemos distinguir catro tipos de firewall:
- firewalls de pasarela
- Funcionan para aplicacións específicas, como telnet, http ou ftp.
- firewalls de capa de rede
- Permiten o filtrado en base as direccións IP e portos involucrados na comunicación
- firewalls de aplicación
- Están deseñados para protocolos concretos, como o HTTP, permitindo filtrar peticións específicas do protocolo empregando normalmente patróns.
- firewalls de escritorio
- Están pensados para filtrar tráfico para un equipo de escritorio, en lugar de protexer unha rede local.
Os firewalls máis utilizados para a protección de redes son os de capa de rede, xa que teñen unha gran flexibilidade, destacando o sistema netfilter de Linux, que permite a filtraxe do tráfico da rede en base a multitude de criterios.
Sistemas de Detección de Intrusos (IDS)
Ademáis da protección do acceso aos sistemas da rede mediante un firewall, é convinte configurar sistemas de xeito que se poidan detectar posibles intentos de acceso ilexítimo a tempo para tomar medidas. Estos sistemas reciben o nome de IDS (Intrusion Detection Systems) ou sistemas de detección de intrusos. A súa misión e detectar posibles intentos de ruptura da seguridade da rede e informar aos administradores, almacenado rexistros con toda a información relacionada.
Os sistemas de detección de intrusos vixilarán o tráfico da rede e os logs dos distintos sistemas en busca de anomalías, dispoñendo ademáis de patróns de diversos ataques típicos na súa base de datos, que permiten a identificación concreta da ameaza en un gran número de casos. Ademáis, crean un rexistro que permite a detección de cambios significativos na configuración ou nos arquivos críticos dos sistemas (HIDS Host-based Intrusion Detection System) o que permite alertar de posibles intrusións ou instalacións de distinto malware.