Seguridade Perimetral

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Saltar á navegación Saltar á procura

Introducción

Boxinfo info.png
A seguridade perimetral consiste na integración de diversos elementos e sistemas para a protección do perímetro dunha rede informática, a detección de tentativas de intrusión e a disuasión dos potenciais atacantes.

A seguridade perimetral precisa da configuración de distintos elementos, sendo os máis importantes os tornalumes (devasas), proxys e as ferramentas de acceso remoto seguro, como o SSH ou as VPN.

Tornalumes ou Devasas (Firewall)

Hoxe en día é común a conexión das redes locais de ordenadores a Internet. Nunha rede local moitas veces se ofrecen servicios como a transferencia de ficheiros (ftp), o servicio Web (http), servicios de acceso remoto (RDP, SSH, telnet...) ou compartición de arquivos (NFS, CIFS ... etc) que si non temos especial coidado poden quedar expostas ao acceso dende redes externas (Internet) de xeito que potencialmente poden facilitar o acceso a información restrinxida ou confidencial. Para evitar esto, a primeira medida a tomar é pechar completamente o acceso dende o exterior á rede interna da empresa, agrupando nunha zona accesible dende o exterior e aillados da rede interna os servizos que se desexen ofrecer ao exterior (DMZ, ou zona desmilitarizada).

Para a implantación de DMZ, normalmente se recurre a máquinas especialmente configuradas para filtrar o tráfico de rede, de xeito que se poda establecer qué comunicacións están permitidas e cales non. Estes dispositivos reciben o nome de firewall.

Os tornalumes poden funcionar con dúas políticas: ACEPTAR, ou DENEGAR. Nas políticas de ACEPTAR, todo o tráfico que non é prohibido explícitamente está permitido, e coas políticas de DENEGAR todo o tráfico está prohibido, excepto o permitido explícitamente.

Podemos distinguir catro tipos de firewall:

firewalls de pasarela
Funcionan para aplicacións específicas, como telnet, http ou ftp.
firewalls de capa de rede
Permiten o filtrado en base as direccións IP e portos involucrados na comunicación
firewalls de aplicación
Están deseñados para protocolos concretos, como o HTTP, permitindo filtrar peticións específicas do protocolo empregando normalmente patróns.
firewalls de escritorio
Están pensados para filtrar tráfico para un equipo de escritorio, en lugar de protexer unha rede local.

Os firewalls máis utilizados para a protección de redes son os de capa de rede, xa que teñen unha gran flexibilidade, destacando o sistema netfilter de Linux, que permite a filtraxe do tráfico da rede en base a multitude de criterios.

Boxinfo info.png
iptables é o front-end ou interface para netfilter nos sistemas Linux. Netfilter está integrado hoxe en día en multitude de dispositivos de rede como routers ou puntos de acceso WiFi.

Sistemas de Detección de Intrusos (IDS)

Ademáis da protección do acceso aos sistemas da rede mediante un firewall, é convinte configurar sistemas de xeito que se poidan detectar posibles intentos de acceso ilexítimo a tempo para tomar medidas. Estos sistemas reciben o nome de IDS (Intrusion Detection Systems) ou sistemas de detección de intrusos. A súa misión e detectar posibles intentos de ruptura da seguridade da rede e informar aos administradores, almacenado rexistros con toda a información relacionada.