Migración a RAID 1 en ''Quente''

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Saltar á navegación Saltar á procura

Migraremos un sistema Debian Jessie instalado nunha partición simple dun disco montada no sistema raíz (/dev/sda1), a unha instalación con 2 discos en raid sobre LVM en /dev/sdb2 e /dev/sdb3. A estructura a montar será a seguinte:

  • Se montarán as particións /dev/sdb2 e /dev/sdb3 en RAID 1
  • Se creará un VG co RAID como dispositivo físico (PV)
  • Se creará un LV para /boot de 1GB, e outro para o raíz de 9GB. O uso de /home será irrelevante neste sistema
  • O swap residirá en outra partición fora do RAID.

Instalación do RAID

Unha vez feitas as particións, crearemos o RAID 1:

1.- Cargamos os módulos RAID e miramos a configuración:

 root@host:# modprobe linear
 root@host:# modprobe multipath
 root@host:# modprobe raid0
 root@host:# modprobe raid1
 root@host:# modprobe raid5
 root@host:# modprobe raid6
 root@host:# modprobe raid10
 root@host:# cat /proc/mdstat
 Personalities : [raid1] [linear] [multipath] [raid0] [raid6] [raid5] [raid4] [raid10] 
 unused devices: <none>
 root@host:#

2.- Cambiamos o tipo das particións a Linux raid auto