Kerberos+LDAP+NFSv4
Kerberos
Kerberos é un protocolo de autenticación que permite a ordenadores nunha rede insegura identificarse mutuamente de xeito seguro. Tanto os clientes coma o servidor verificarán a identidade un do outro. Kerberos básase en criptografía de chave simétrica e precisa dun terceiro de confianza, ainda que existen extensións que permiten o uso de criptografía de chave asimétrica. Kerberos establece tamén unha duración das autorizacións, de xeito que únicamente é necesario autenticarse unha vez ata que caduque a concesión.
O funcionamento de Kerberos emprega 2 entidades (servidores), o Servidor de Autenticación (SA) e o Servidor de Tickets de Acceso (TGS) co obxecto de asegurar o acceso a un servicio ofrecido por un Proveedor de Servizo (SS) como NFS. Estes dous servidores forman parte do servidor kerberos, que atenderá as solicitudes mediante o seguinte intercambio de mensaxes:
- O usuario introduce no cliente o seu usuario e contrasinal
- O cliente transforma o contrasinal con cifrado de un so sentido, creando a chave segreda do cliente.
- O cliente envía unha mensaxe en claro ao SA solicitando servicio para o usuario identificado.
- O SA verifica que o usuario está na súa base de datos obtendo a súa contrasinal da BBDD e xerando a chave segreda do cliente que cotexará coa recibida. Si coinciden se crearán dúas mensaxes que se envían ao cliente:
- Mensaxe A
- O SA Crea unha mensaxe cifrada coa chave segreda do cliente, chamada Client/TGS Session Key.
- Mensaxe B
- O SA obteń o contrasinal do TGS da BBDD e xenera con ela unha mensaxe cifrada que conten: ID de cliente, dirección IP do cliente, periodo de validez do ticket, e o Client/TGS Session Key. Esta mensaxe é o Ticket Granting Ticket (TGT).
- O cliente descifra a Client/TGS Session Key da Mensaxe A, que se utilizará para a comunicación co TGS.
- Cando o cliente precise un servicio, necesitará solicitarllo ao TGS mediante as seguintes mensaxes:
- Mensaxe C
- Composta polo TGT e a ID do servicio solicitado.
- Mensaxe D
- Cifrado coa Client/TGS Session Key obtida da Mensaxe A e composta polo ID de cliente e unha marca de tempo, chamada Autenticador.
- O TGS descifra o TGT da Mensaxe C obtendo a Client/TGS Session Key necesaria para descifrar a Mensaxe D (Autenticador) e obtendo así o ID de cliente e a marca de tempo
- O TGS con esta información crea unha mensaxe composta pola ID de cliente,IP do cliente,Periodo de validez e a Client/Server Session Key xenerada para a comunicación. Esta mensaxe se cifra coa Chave Segreda do Servizo e se chama Client-To-Server Ticket (Mensaxe E). Tamén se crea outra mensaxe composta pola Client/Server Session Key cifrada coa Client/TGS Session Key (Mensaxe F). Se envían estas dúas mensaxes ao cliente
- Unha vez recibidas estas mensaxes, o cliente poderá autenticarse para acceder ao servizo enviando ao Proveedor do Servizo (SS) a Mensaxe E, e unha nova mensaxe cifrada coa Client/Server Session Key obtida da Mensaxe F que terá o ID do cliente e unha Marca de Tempo.
- O proveedor de servizo (SS) descifrará a Mensaxe E coas súa chave sergreda obtendo así a Client/Server Session Key que lle permitirá descifrar a Mensaxe F e crear unha mensaxe de autorización de acceso ao servizo (Mensaxe H) composta pola marca de tempo obtida da Mensaxe F+1 e cifrada coa Client/Server Session Key.
- O cliente descifra a mensaxe de autorización e confirma a corrección da marca de tempo. Si é correcto, poderá empezar a utilizar o servizo.
Instalación de Kerberos
En Linux existen dúas versións de Kerberos: Heimdall e MIT. Utilizaremos MIT.
Os tickets kerberos teñen periodos de validez establecidos, polo que resulta importante a sincronización dos distintos ordenadores da rede. Para manter a sincronización podemos facer uso de ntp ou do paquete ntpdate, que combinado con cron nos permitirá manter o tempo en sincronía en todos os ordenadores da rede. Se recomenda a versión 5 de Kerberos, xa que a versión 4 ten diversas vulnerabilidades e debilidades no cifrado. E tamén necesario que todos os equipos que utilicen Kerberos sexan resoltos de modo axeitado, tanto de modo directo como inverso, polo que e convinte un servidor DNS, e incluso engadir ao /etc/hosts os servidores e clientes implicados para asegurar o posible fallo do DNS.
Kerberos soporta replicación a múltiples servidores, recomendándose o uso de polo menos dous, un maestro que será o servidor Primario (PDC) e outro Secundario que estará dispoñible para cubrir posibles fallos do maestro (BDC). Os clientes Kerberos utilizarán o servidor secundario automáticamente no caso de fallo do primario.
Instalaremos o servidor Kerberos:
- Instalación do software:
apt-get install krb5-kdc krb5-admin-server
Durante a instalación se solicitará:
- O nome do dominio Kerberos (Realm), que normalmente será o noso dominio en maiúsculas: IESRODEIRA.COM
- Os servidores Kerberos para o dominio, que serán en primeiro lugar o PDC, e logo o BDC: krbldap-pdc.iesrodeira.com krbldap-bdc.iesrodeira.com
- O nome do servidor administrativo (PDC): krbldap-pdc.iesrodeira.com
- Debemos modificar /etc/krb5.conf para incluir a información do noso dominio kerberos na sección [domain-realm] e un apartado para configurar os log de kerberos
mkdir /var/log/kerberos chmod 750 /var/log/kerberos
[domain-realm] .iesrodeira.com = IESRODEIRA.COM iesrodeira.com = IESRODEIRA.COM
[logging] kdc=FILE:/var/log/kerberos/krb5kdc.log admin_server=FILE:/var/log/kerberos/kadmin.log default=FILE:/var/log/kerberos/krb5lib.log
- A continuación creamos a base de datos para Kerberos, para o que necesitará recolectar información aleatoria (tardará un pouco) e solicitarnos unha password que será imprescindible para o decodificado da base de datos:
krb5_newrealm service krb5-admin-server restart && service krb5-kdc restart
- Xa podemos empezar a engadir servidores e usuarios a base de datos Kerberos (principals) mediante a utilidade kadmin.local. Os principals Kerberos teñen a forma SPEC@REALMKERBEROS (no noso caso SPEC@IESRODEIRA.COM), donde SPEC normalmente ten a forma de usuario/rol ou servizo/hostname (por exemplo, root/admin, ou nfs/nfs.iesrodeira.com). Estas SPEC se poden utilizar logo no ficheiro /etc/krb5kdc/kadm5.acl para establecer ACLS especificando permisos.
- As password para os principals poden organizarse mediante políticas (policies) que forzan distintos graos de fortaleza (-minlength, -minclasses, -maxlife, -minlife, -maxfailure, -failurecountinterval, -lockoutduration), creando primeiro as políticas como por exemplo:
add_policy -minlength 8 -minclasses 1 user add_policy -minlength 8 -minclasses 3 admin
- Para posteriormente crear o principal cunha política determiñada:
addprinc -policy user root/admin
- Ou cambiar de política un principal existente:
modprinc -policy admin root/admin
- Polo tanto, creamos as políticas e un principal para poder acceder a configuración Kerberos dende calqueira equipo cliente:
add_policy -minlength 6 -minclasses 1 user add_policy -minlength 8 -minclasses 2 admin addprinc -policy admin root/admin
- E editaremos /etc/krb5kdc/kadm5.acl, especificando */admin *, indicando que todos os usuarios co rol admin teñen todos os privilexios de administración. A partir deste momento poderemos administrar o servicio Kerberos dende calqueira cliente coa utilidade kadmin, crear tickets coa utilidade kinit, examinalos (klist) e eliminalos (kdestroy).
- [domain_realm] conten o mapeo ao dominio correcto
- default_realm ten o valor correcto
- o realm está definido na sección [realms]
Podemos comprobar o correcto funcionamento creando un ticket para o principal creado, listando o ticket (TGT) e destruíndolo:
kinit -p root/admin klist kdestroy
LDAP
LDAP (LightWeight Directory Access Protocol) é un protocolo de acceso a bases de datos de directorio (Servicios de Directorio) que implementa un subconxunto do estándar X.500. Os servicios de directorio caracterízanse por ser sistemas con moitos accesos de lectura e moi poucas insercións e actualizacións, polo tanto están optimizadas para consultas rápidas.
Este tipo de bases de datos poden almacenar e organizar, por exemplo, a información sobre usuarios dunha rede e os recursos da mesma.LDAP xunto con Kerberos forma o núcleo do sistema de Active Directory de Microsoft Windows, e de moitas outras implementacións como Novell eDirectory ou o RedHat Directory Service. As bases de datos LDAP teñen forma de árbore, dandolle ao administrador a posibilidade de crear as distintas ramas (DIT, Directory Information Tree). En primeiro lugar se debe especificar a raíz da árbore, utilizándose normalmente o dominio da organización, como pode ser dc=iesrodeira, dc=com (dc quere dicir Domain Component). As distintas entradas na árbore LDAP se representan habitualmente en formato LDIF (LDAP Data Interchange Format) que indican o nome (dn) da nova entrada e os distintos atributos da entrada. O dn (Distinguished Name), consta de alguns atributos da entrada combinados co dn do pai. Realizaremos unha instalación de OpenLDAP para almacenar a base de datos dos usuarios e servicios Kerberos, e configuraremos os clientes do modo apropiado. Neste exemplo, o servicio LDAP e Kerberos estarán na mesma máquina, si estiveran en máquinas distintas sería convinte que a comunicación se realizase de xeito seguro mediante SSL.