Kerberos+LDAP+NFSv4
Kerberos
Kerberos é un protocolo de autenticación que permite a ordenadores nunha rede insegura identificarse mutuamente de xeito seguro. Tanto os clientes coma o servidor verificarán a identidade un do outro. Kerberos básase en criptografía de chave simétrica e precisa dun terceiro de confianza, ainda que existen extensións que permiten o uso de criptografía de chave asimétrica. Kerberos establece tamén unha duración das autorizacións, de xeito que únicamente é necesario autenticarse unha vez ata que caduque a concesión.
O funcionamento de Kerberos emprega 2 entidades (servidores), o Servidor de Autenticación (SA) e o Servidor de Tickets de Acceso (TGS) co obxecto de asegurar o acceso a un servicio ofrecido como NFS. Estes dous servidores forman parte do servidor kerberos, que atenderá as solicitudes mediante o seguinte intercambio de mensaxes:
- O usuario introduce no cliente o seu usuario e contrasinal
- O cliente transforma o contrasinal con cifrado de un so sentido, creando a chave segreda do cliente.
- O cliente envía unha mensaxe en claro ao SA solicitando servicio para o usuario identificado.
- O SA verifica que o usuario está na súa base de datos obtendo a súa contrasinal da BBDD e xerando a chave segreda do cliente que cotexará coa recibida. Si coinciden:
- Mensaxe A: O SA Crea unha mensaxe cifrada coa chave segreda do cliente, chamada Client/TGS Session Key.
- Mensaxe B: O SA obteń o contrasinal do TGS da BBDD e xenera con ela unha mensaxe cifrada que conten: ID de cliente, dirección IP do cliente, periodo de validez do ticket, e o Client/TGS Session Key. Esta mensaxe é o Ticket Granting Ticket (TGT).
- O cliente descifra a Client/TGS Session Key, que se utilizará para a comunicación co TGS.
- Cando o cliente precise un servicio, envía as seguintes mensaxes ao TGS: