Vue 3
Introdución
Vue (pronunciado /vjuː/, como view) é un framework progresivo para construír interfaces de usuario. A diferenza doutros frameworks monolíticos, Vue está deseñado dende cero para ser utilizado de maneira incremental. A biblioteca central está enfocada só na capa de visualización, e é doada de utilizar e integrar con outras bibliotecas ou proxectos existentes.
Vue dispón dun "compilador" que se encarga de transformar as plantillas de Vue en código JavaScript optimizado que utilizará o navegador para renderizar o contido. Se encarga de convertir as directrices e etiquetas Vue (como v-if, v-for) en funcións JavaScript que manipulan o DOM.
As distribucións de desenvolvemento de Vue inclúen o compilador o que permite escribir as plantillas no HTML ou en ficheiros .vue sepearados sen compilalos previamente. Unha vez rematada a aplicación se "compilan" (build) xerando a aplicación de produción.
As distribucións de produción non precisan o compilador, unicamente o "runtime", xa que a aplicación xa estará "compilada" a JavaScript.
Un exemplo de plantilla Vue sería o seguinte:
<div id="app-2">
<div>{{saudo}}</div>
<span v-bind:title="message">
Mueva el mouse sobre mí durante unos segundos
para ver mi título enlazado dinámicamente.
</span>
</div>
var app2 = new Vue({
el: '#app-2',
data: {
saudo: 'Hola Mundo!',
message: 'Usted cargó esta página el ' + new Date().toLocaleString()
}
})
</script>
Instalación
Existen varias compilacións de Vue:
UMD | CommonJS | ES Module | |
---|---|---|---|
Completa | vue.js | vue.common.js | vue.esm.js |
Runtime | vue.runtime.js | vue.runtime.common.js | vue.runtime.esm.js |
Completa (producción) | vue.min.js | - | - |
Runtime (producción) | vue.runtime.min.js | - | - |
A versión Completa fai referencia a distribucións que levan o motor de execución e o "compilador" de vue
Aquí tes unha táboa que mostra os diferentes ficheiros de Vue.js en varios formatos. A columna "UMD" contén os ficheiros do formato Universal Module Definition, mentres que as columnas "CommonJS" e "ES Module" amosan os ficheiros nos seus respectivos formatos. Para a versión de producción, só están dispoñibles algúns dos ficheiros.
Existen varios modos de instalación:
- Inclusión Direta con <script>: Simplemente se debe descargar e incluír a etiqueta script coa ruta correcta, ou utilizar un CDN. Vue será rexistrado como unha variable global. Por exemplo: <script src="https://cdn.jsdelivr.net/npm/vue@2.5.16/dist/vue.js"></script>. Vue tamén está dispoñible nos CDN unpkg e cdnjs. A versión de produción completa é vue.min.js.