Vue 3
Saltar á navegación
Saltar á procura
Introdución
Vue (pronunciado /vjuː/, como view) é un framework progresivo para construír interfaces de usuario. A diferenza doutros frameworks monolíticos, Vue está deseñado dende cero para ser utilizado de maneira incremental. A biblioteca central está enfocada só na capa de visualización, e é doada de utilizar e integrar con outras bibliotecas ou proxectos existentes.
Instalación
Existen varias compilacións de Vue:
UMD | CommonJS | ES Module | |
---|---|---|---|
Completa | vue.js | vue.common.js | vue.esm.js |
Runtime | vue.runtime.js | vue.runtime.common.js | vue.runtime.esm.js |
Completa (produción) | vue.min.js | - | - |
Runtime (produción) | vue.runtime.min.js | - | - |
Existen varios modos de instalación:
- Inclusión Direta con <script>: Simplemente se debe descargar e incluír a etiqueta script coa ruta correcta, ou utilizar un CDN. Vue será rexistrado como unha variable global. Por exemplo: <script src="https://cdn.jsdelivr.net/npm/vue@2.5.16/dist/vue.js"></script>. Vue tamén está dispoñible nos CDN unpkg e cdnjs. A versión de produción completa é vue.min.js.