Configuración rede VirtualBox

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Saltar á navegación Saltar á procura

Introducción

Queremos explorar os diferentes tipos de conexión de rede que posúe Virtualbox. Conectaremos dúas máquinas Virtuais con Windows 7 en rede nos diferentes modos posibles, e examinaremos a súa conexión entre eles, co equipo real, e con Internet.

  • A dirección do Router é 192.168.0.1
  • Instalamos unha máquina con Win7 e clonámola. Na 2º máquina renovamos dirección MAC

Habilitamos o Ping

Para comprobar que teñen rede, establecemos unha rede no firewal para que responda o Ping, xa que pode que o Win7 por defecto non responda.

Firewall1.png

Tipos de redes VirtualBox

Na versión 5 de VirtualBox podemos atopar as seguintes configuracións de rede

  • Non Conectado:

Temos unha tarxeta de rede, pero é como se o cable non estivese conectado. NAT É o modo máis sinxelo de ter rede na nosa máquina. VBOX “pon un router” entre o equipo virtual é o real. O router fai NAT entre a máquina real e a virtual

  • Rede NAT

A diferencia co caso anterior é que neste caso o router que fai NAT, funciona como un router doméstico, é dicir tódolos equipos configurados así poderán comunicarse entre eles. Adaptador Puente (bridge) Nesta configuración é como se as máquinas virtuais estiveran conectadas directamente o router da rede real e terán unha IP da rede real.

  • Rede Interna (Internal Networking)

Permítenos construír redes illadas, só haberá comunicación entre os membros da rede interna.

  • Adaptador sólo anfitrión

Permítenos definir unha rede interna á que pertencerá tamén o equipo anfitrión. Este modo permite que a MV se comunique pola rede co equipo real aínda que o real non estea conectado a ningunha rede física.


Configuración de Rede Acceso a Internet Acceso á Máquina Real Acceso a outras MVs
Non conectado Non Non Non
NAT Si Non Non
Rede NAT Si Non Si
Adaptador Ponte Si Si Si
Rede Interna Non Non Os membros da mesma rede interna
Adaptador Só anfitrión Non Si Si

Configuración Bridge

Nesta configuración é como se as máquinas virtuais estiveran conectadas directamente o router da rede real e terán unha IP da rede real.

Bridge01.png
Bridge02.png

Se a máquina real non está conectada a ningunha rede física as virtuais tampouco terán rede.

Configuración NAT

A máquina ten unha IP interna que sempre é 10.0.2.15. Pero tamén é capaz de saír a Internet a través da tarxeta de rede real.

  • Vantaxe: Podemos crear configuracións de rede que non interfiran na rede real.
  • Problema: Se configuramos as dúas máquinas como NAT, saen a Internet pero non se ven entre elas.
  • Solución: Agregamos unha segunda tarxeta de rede a cada equipo e configurámola como unha rede interna.


Cada equipo terá dúas tarxetas de rede:

    • Tarxeta de Rede 1 (10.0.2.15): Para ter saída a Internet
    • Tarxeta de Rede 2: Para ver o outro equipo.

Configuramos os equipos segundo o seguinte diagrama e comprobamos que teñen rede.

Nat01.png

Se Iniciamos MV1 comprobamos como ten dúas tarxetas de rede

Nat02.png
 MV1
  • Conexión de Área Local
    • Está conectada a rede NAT
    • IP: 10.0.2.15
    • Netmask:255.255.255.0
    • GW:10.0.2.2
  • Conexión de Área Local 2
    • Está conectada a rede Interna
    • IP: 169.254.158.145
    • Netmask:255.255.0.0
 MV1
  • Conexión de Área Local
    • Está conectada a rede NAT
    • IP: 10.0.2.15
    • Netmask:255.255.255.0
    • GW:10.0.2.2
  • Conexión de Área Local 2
    • Está conectada a rede Interna
    • IP: 169.254.221.138
    • Netmask:255.255.0.0

Se dende MV2 facemos ping a 169.254.158.145 Podemos facer ping dende calquera máquina a Internet.

Port Forwarding

Se executamos un servidor, por exemplo na MV1, este non será accesible dende a rede real, xa que está conectada mediante NAT. Podemos empregar a característica de Port Forwarding para executar un servidor na máquina virtual e dar a impresión de que se executa na máquina real.

Por exemplo: Podemos instalar un servidor web na máquina virtual (XAMPP) e acceder a ela dende a rede real redireccionando o porto 80

Port forwarding1.png
Port forwarding2.png

Como deixamos host IP baleiro, calquera máquina que se conecte o porto 2222 da nosa máquina comunicarase coa MV