Debian en Sony VAIO Fit 15E
Introducción
Instalaremos Debian Jessie nun equipo Sony VAIO Fit 15E, modelo SVF1531B4E. O obxectivo final é unha partición con Windows 8.1 e Debian Jessie en arranque dual.
Características Xerais
Procesador: Intel(R) Core i7 4500U a 1,80 GHz, Plataforma Haswell ULT
Gráfica: nVidia Optimus con intel 4400HD e NVIDIA GeForce GT 740M, 1GB de RAM
RAM: 8GB DDR3
HDD: SATA 6Gb/sg 750GB
DVD: MATSHITA DVD-RAM UJ8E2 (DVD+R DL) Super Multi
Rede: BCM43142 b/g/n Wireless & Bluetooth Adapter, Realtek RTL8168/8111 PCIe GBE Family e Intel NFC
USB: 2 USB 3.0 (1 power) e 2 USB 2.0
Son: Realtek High Definition Audio
WebCam:
Sistema Operativo: Windows 8
Estado Inicial
O disco do Sony VAIO utiliza de fábrica un sistema de particións GPT, organizado do seguinte xeito unha vez actualizado a Windows 8.1:
Partición de 260M do fabricante (OEM)
Partición de 1,44GB de recuperación
Partición de sistema de 260MB (EFI)
Partición C: de 671GB en NTFS
Partición de 350MB de recuperación.
Partición de 25,46GB de recuperación
Instalación
Arrancamos o sistema e realizamos a configuración do equipo (instalación de fábrica).
Actualización do Sistema e Medio de Recuperación
Utilizaremos Windows Update e logo VAIO update para actualizar o sistema e a continuación (despois de recuperar múltiples updates e varios reinicios...) crearemos os medios de recuperación para restaurar o equipo ao seu estado de fábrica por si o desexamos con posterioridade. Para elo, pulsando o botón de ASSIST lanzamos a aplicación VAIO Care, que na opción de Ferramentas Avanzadas nos ofrece a opción de "Creación de Medios de Recuperación".
Esta opción permitirá gardar en un dispositivo externo a información necesaria para restaurar o sistema ou seu estado de fábrica.
P.D: Ao crear os medios de recuperación produciuse un erro que obligou a reiniciar no momento de crear o terceiro disco, e logo outro no segundo. Despois de deshabilitar o secure boot, e activar o soporte de virtualización da CPU se crearon sen problemas, aínda que o máis probable é que non teña nada que ver...
Windows 8.1
Microsoft ofrece a actualización a Windows 8.1 a partir de Windows 8 na súa tenda de aplicacións. Iremos a tenda de Microsoft dende a pantalla principal e a instalaremos.
Particións
Esta equipa utiliza UEFI e particións GPT. Redimensionaremos a partición correspondente coa unidade C: para deixar sitio para o Debian. Reservaremos 500GB.
Non é posible reducir a partición si a mesma ten ficheiros non movibles, como o área de intercambio ou instantáneas do sistema. Eliminamos temporalmente o area de intercambio e borramos as instantáneas do sistema.