Creación dunha Infraestructura de chave pública (PKI)
Introducción
Tradicionalmente a seguridade se garantizaba co segredo. O habitual era o uso dunha chave segreda que únicamente coñecían as partes involucradas na comunicación (chave compartida, ou shared key) que se utilizaba para cifrar e descifrar a información (cifrado simétrico). Hoxe en día, cos PIN e as passwords utilizamos tamén unha chave compartida entre nos e o equipo ou servizo ao que accedemos para obter os permisos necesarios. Estas chaves compartidas precisan de completa confianza entre as partes que se comunican, xa que no caso de que a chave quede exposta por calqueira dos dous lados se perdería completamente a seguridade na comunicación.
Hoxe en día, existen alternativas, como as baseadas nas infraestructuras de chave pública ou PKI (Public Key Infraestructure). PKI utiliza criptografía asimétrica de chave pública; con este sistema, as partes involucradas na comunicación necesitan unha parella de chaves de xeito que a información cifrada con unha das chaves únicamente poda ser descifrada pola outra. A chave que se utiliza para cifrar non serve para descifrar. Unha das chaves é para uso único do seu propietario e é mantida en segredo (chave privada, ou Private Key), e a outra se distribúe a todo o mundo que queira manter co usuario unha comunicación confidencial (chave pública ou Public Key).
Deste xeito, si un usuario cifra un documento ou unha parte de él (normalmente un hash obtido a partir do contido do documento) coa chave privada (firma dixital) , os receptores do mesmo poden estar seguros de quen é remitente, xa que únicamente a chave pública do mesmo é capaz de descifrar o documento. Si por outra parte, un usuario cifra un documento coa chave pública, únicamente o propietario da chave privada poderá acceder á información (cifrado). A PKI nos proporciona a posibilidade de firma dixital e de cifrado de información.
A principal debilidade deste sistema atópase na distribución das chaves públicas. Si un usuario malicioso distribúe unha chave pública atribuíndoa a un terceiro (por exemplo, un banco), o resto dos usuarios poden chegar a pensar que están realizando unha comunicación segura co banco, cando en realidade a información está sendo decodificada polo falsificador. Para evitar esto, se utilizan os certificados.
As autoridades de certificación firman con varios niveis de seguridade (fortaleza a hora de comprobar a identidade real do autor da solicitude do certificado), que van de o 1 (menos comprobacións) ao 3 (comprobacións máis exhaustivas). E posible conseguir firmas de certificados de nivel 1 por autoridades de certificación recoñecidas como www.startssl.com de modo gratuito. Nun último nivel, depende do propio usuario aceptar ou rexeitar o uso dun certificado a partir da reputación do firmante do mesmo.
E posible tamén que unha autoridade de certificación (CA Raíz) delegue en outras autoridades subordinadas o firmado de algúns tipos de certificados.
Instalación e Configuración
Crearemos unha autoridade de certificación que nos permitirá expedir certificados dixitais para os distintos servizos ofrecidos pola rede, como a Web ou o Correo.