Vue 3

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Saltar á navegación Saltar á procura

Introdución

Vue (pronunciado /vjuː/, como view) é un framework progresivo para construír interfaces de usuario. A diferenza doutros frameworks monolíticos, Vue está deseñado dende cero para ser utilizado de maneira incremental. A biblioteca central está enfocada só na capa de visualización, e é doada de utilizar e integrar con outras bibliotecas ou proxectos existentes.

Vue dispón dun "compilador" que se encarga de transformar as plantillas de Vue en código JavaScript optimizado que utilizará o navegador para renderizar o contido. Se encarga de convertir as directrices e etiquetas Vue (como v-if, v-for) en funcións JavaScript que manipulan o DOM.

As distribucións de desenvolvemento de Vue inclúen o compilador o que permite escribir as plantillas no HTML ou en ficheiros .vue sepearados sen compilalos previamente. Unha vez rematada a aplicación se "compilan" (build) xerando a aplicación de produción.

As distribucións de produción non precisan o compilador, unicamente o "runtime", xa que a aplicación xa estará "compilada" a JavaScript.

Un exemplo de plantilla Vue sería o seguinte:

import { createApp, ref } from 'vue'

createApp({
  setup() {
    return {
      count: ref(0)
    }
  }
}).mount('#app')
template
<div id="app">
  <button @click="count++">
    Count is: {{ count }}
  </button>
</div>
</script>

Vue pode utilizar dous tipos de API diferentes:

Options API

Coa Options API, definimos a lóxica dun compoñente usando un obxecto de opcións, como data, methods e mounted. As propiedades definidas polas opcións están dispoñibles en this dentro das funcións, que apunta á instancia do compoñente:

<script>
export default {
  // Properties returned from data() become reactive state
  // and will be exposed on `this`.
  data() {
    return {
      count: 0
    }
  },

  // Methods are functions that mutate state and trigger updates.
  // They can be bound as event handlers in templates.
  methods: {
    increment() {
      this.count++
    }
  },

  // Lifecycle hooks are called at different stages
  // of a component's lifecycle.
  // This function will be called when the component is mounted.
  mounted() {
    console.log(`The initial count is ${this.count}.`)
  }
}
</script>

<template>
  <button @click="increment">Count is: {{ count }}</button>
</template>

Composition API

Coa Composition API, definimos a lóxica dun compoñente usando funcións da API importadas. Nos SFCs (Single File Components), a Composition API utilízase normalmente con <script setup>. O atributo setup é unha indicación que permite a Vue realizar transformacións en tempo de compilación que nos permiten usar a Composition API con menos código repetitivo. Por exemplo, as importacións e as variables/funcións de nivel superior declaradas en <script setup> son directamente utilizables na plantilla

<script>
<script setup>
import { ref, onMounted } from 'vue'

// reactive state
const count = ref(0)

// functions that mutate state and trigger updates
function increment() {
  count.value++
}

// lifecycle hooks
onMounted(() => {
  console.log(`The initial count is ${count.value}.`)
})
</script>

<template>
  <button @click="increment">Count is: {{ count }}</button>
</template>

Ambos os estilos de API son plenamente capaces de cubrir casos de uso comúns. Son interfaces diferentes impulsadas polo mesmo sistema subxacente. De feito, a Options API está implementada sobre a Composition API! Os conceptos fundamentais e o coñecemento sobre Vue son compartidos entre os dous estilos.

Se es novo en Vue, aquí está a nosa recomendación xeral:

Para fins de aprendizaxe, escolla o estilo que lle pareza máis fácil de entender. De novo, a maioría dos conceptos básicos son compartidos entre os dous estilos. Sempre podes aprender o outro estilo máis adiante.

Para uso en produción:

  • Escolla a Options API se non está a usar ferramentas de construción, ou se planea usar Vue principalmente en escenarios de baixa complexidade, por exemplo, mellora progresiva.
  • Escolla a Composition API + Compoñentes de Ficheiro Único se planea construir aplicacións completas con Vue.

Neste documento utilizaremos principalmente Composition API.

Instalación

Existen varias compilacións de Vue:

UMD CommonJS ES Module
Completa vue.js vue.common.js vue.esm.js
Runtime vue.runtime.js vue.runtime.common.js vue.runtime.esm.js
Completa (producción) vue.min.js - -
Runtime (producción) vue.runtime.min.js - -
  • A versión Completa fai referencia a distribucións que levan o motor de execución e o "compilador" de Vue.
  • A versón Runtime unicamente conten o JavaScript que forma parte do FrameWork.

Existen 3 versións distintas de distribución de Vue:

  • UMD: Están deseñadas para ser utilizadas directamente no navegador mediante a etiqueta <script>
  • CommonJS: Este formato está deseñado para empaquetadores de JavaScript tradicionais como webpack 1 ou broweserify.
  • ES Module: Utiliza módulos ECMAScript para empaquetadores de JavaScript máis modernos como webpack 2 ou rollup.

Existen varios modos de instalación:

  • Inclusión Direta con <script>: Simplemente se debe descargar e incluír a etiqueta script coa ruta correcta, ou utilizar un CDN. Vue será rexistrado como unha variable global. Por exemplo: <script src="https://cdn.jsdelivr.net/npm/vue@2.5.16/dist/vue.js"></script>. Vue tamén está dispoñible nos CDN unpkg e cdnjs. A versión de produción completa é vue.min.js.