Sistemas Operativos e Licencias de Software

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Revisión feita o 26 de xuño de 2014 ás 10:20 por Xavi (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Os Sistemas Operativos.

Conceptos Xerais.

Un ordenador é un conxunto de circuitos electrónicos capaz de tratar información. A información codifícase utilizando un sistema numérico que utiliza soamente dous valores distintos de xeito que se pode representar e operar fácilmente con valores de tensión eléctrica. E decir: Os ordenadores empregan sistemas binarios de representación de información. O tratamento da información realízase levando a cabo unha serie de instruccións introducidas previamente e tamén codificadas en binario, chamadas programa. A función dos ordenadores é levar a cabo os programas que se lle introducen. Un programa ou conxunto de programas para levar a cabo unha tarefa determiñada se coñece como aplicación informática. O conxunto de circuitos electrónicos denomínanse hardware, mentras que os programas que leva a cabo o ordenador se coñecen como software. Normalmente o hardware dun ordenador proporciona elementos para introducir información (dispositivos de entrada), elementos para amosar a información resultante (dispositivos de saída), elementos de procesamento de información (unidade de procesamento ou procesador) e elementos de almacenamento de información (memoria). Os programas se escriben nunha linguaxe humana (código fonte) que posteriormente é traducida a un código binario que é capaz de almacenar e de levar a cabo o ordenador (código máquina). Existen básicamente dous modos de facelo: traducindo as ordes do programa unha a unha xusto o tempo de levalas a cabo (intérprete) ou almacenando unha versión traducida dun xeito permanente para ser levado a cabo posteriormente cantas veces se queira (compilador).

Para que o usuario poda interactuar co ordenador e traballar con él, se executa unha aplicación especial que se chama sistema operativo. O sistema operativo é o programa que permite ós usuarios operar co ordenador.

Tipoloxías dos Sistemas Operativos.

Os Sistemas Operativos poden clasificarse atendendo a múltiples factores:

  • Administración das Tarefas.
  • Monotarefa: O sistema so pode levar a cabo un programa nun instante determiñado.
  • Multitarefa: O sistema é capaz de levar a cabo varios programas ó mesmo tempo. Si so dispoñemos dunha unidade de procesamento, en realidade o ordenador non é capaz de levar a cabo máis que un programa nun instante determiñado. Nestes casos, os sistemas operativos multitarefa son capaces de ir alternando a execución entre distintos programas a gran velocidade de xeito que o usuario ten a sensación de que se están levando a cabo á vez. Existen sistemas con varios procesadores capaces de levar a cabo varios programas simultánemente, e incluso facer que os distintos procesadores executen o mesmo programa. Estes sistemas coñécense como sistemas de procesamento simétrico (SMP).
  • Administración dos Usuarios.
  • Monousuario: Nun instante determiñado so pode estar utilizando o sistema un único usuario. Por exemplo, DOS ou os sistemas Windows sen terminal server.
  • Multiusuario: Nun instante determiñado poden estar utilizando o sistema varios usuarios. Por exemplo os sistemas da familia UNIX (como GNU/Linux ou BSD).
  • Manexo de Recursos.
  • Sistemas Centralizados: Tanto a execución do sistema operativo como dos programas se leva a cabo no ordenador co que se está interactuando.
  • Sistemas Distribuidos: A execución do sistema operativo e dos programas de usuario pode compartirse con outros sistemas distintos do que se está interactuando. Estes sistemas tamén se coñecen coma clústers.

As Licencias de Software.

As aplicacións informáticas non son máis que o conxunto de pasos (instruccións) a seguir para realizar un tratamento concreto de información. Neste sentido non se diferencian moito dunha receita de cociña, por exemplo. Polo tanto, as aplicacións informáticas están sometidas a dereitos de autor e se acompañan dun documento que indican os termos nos que se poden utilizar, este documento se coñece como Licencia Software.

Pódese discutir moito sobre as vantaxes dun modelo de software sobre o outro, pero o que parece indiscutible hoxe en día é que o software libre é máis axustable (todo o mundo dispón do código fonte), mais transparente (eliminando a posibilidade de spyware) e sobre todo cunha depuración máis rápida xa que e mantido por moita xente. Entre os seus inconvintes poderíanse citar que é moi difícil obter beneficios coa venta (a xente o pode copiar e distribuir libremente) e que moitas veces "non hai unha gran empresa detrás". Respecto a calidade, o software libre está evolucionando moi rápidamente e hoxe en día ofrece alternativas de tanta ou mais calidade que o correspondente propietario, como apache que é o servidor web máis usado hoxe en día, ou o sistema operativo GNU/Linux.

O software libre implica un modelo de negocio do software completamente distinto, baseado máis na fase de mantemento do ciclo de vida do software que na fase de desenvolvemento. O desenvolvemento e realizado por grandes grupos de voluntarios (e/ou asalariados) e como a distribución é libre e moi difícil obter beneficios, de maneira que o negocio diríxese cara o mantemento, instalación e persoalización do software.

O Software Propietario.

O mundo do sofware é un tanto "especial" respecto a outros productos que se venden. En realidade o software tradicional non se vende se non que se licencia; cando se "compra" unha aplicación en realidade o único que obtemos é unha "licencia" que nos permite usala e moi probablemente nun só equipo. Ademais nas licencias moitas veces constan unhas cláusulas de uso nas que o vendedor non se fai responsable nin do funcionamento correcto do programa nin dos danos que este poda producir. Nin que dicir ten que non se facilita o código fonte da aplicación e que se depende da empresa que vende o software para que solvente os erros ou faga as modificacións que se necesiten. O software que únicamente provee dos arquivos en código máquina e cunha licencia que limita a posibilidade de modificación, copia ou restrinxe o seu uso é coñecido como 'software propietario' ou 'software privativo'. Dentro do software propietario podemos distinguir entre:

  • Freeware: É software gratuito, pero moitas veces so se pode acceder o programa en código máquina e non existe a posibilidade de modificalo, e decir, que sexa gratis non quere decir que sexa libre.
  • Shareware: É software que permite un uso gratuito durante un periodo de tempo, recortando certas prestacións ou mostrando avisos. Ó cabo deste tempo é necesario pagar a licencia. Por suposto non se suministra o código fonte polo que non é posible modificalo.
  • Addware: É software que se financia coa inserción de publicidade ou recopilando información sobre o usuario (spyware). Tampouco se suministra o código fonte.

O Software Libre.

Mapa Conceptual do Software Libre

O software libre distínguese porque unha vez obtido (gratuitamente ou pagando) temos a posibilidade de modificalo, distribuilo ou utilizalo como queiramos. Sen embargo, o software, como calquera outra creación sigue tendo dereitos de autor: A obra lle pertence a persoa que a desenvolveu. O que ocurre e que o autor coa sua licencia libre nos permite facer obras derivadas, facer copias ou utilizar a súa obra no ámbito que queiramos. Atendendo ás características das licencias podemos distinguir diversas tipoloxías de software libre:

O Dominio Público.

O software de dominio público é aquel no que o autor renuncia ós seus dereitos sobre a súa obra cendendollos a humanidade. Esta obra pasa a ser propiedade de todo o mundo, e todo o mundo poderá dispoñer libremente dela. Esto ocurre en diversos ámbitos creativos, como a música o a literatura nas que o cabo de certo tempo as obras pasan a ser de dominio público.

O Modelo GNU.

Richard Stallman comezou cun proxecto no ano 1984 para crear unha versión de UNIX libre chamado GNU. Mais tarde este proxecto tomou o núcleo (kernel) escrito por Linus Torvalds dando lugar ó sistema coñecido como GNU/Linux, ou mais popularmente Linux. O proxecto GNU deu lugar a varias licencias que hoxe en día xestiona e deseña a Free Software Foundation:

  • GPL: Esta licencia permite a distribución e copia da aplicación obrigando a incluir o código fonte; a súa característica máis polémica, comparada por moita xente cos virus informáticos, é o chamado copyleft que obriga a todos o software que proceda ou faga uso de software GPL a ser GPL, propagando así a liberdade de distribución, modificación e copia ó novo software.
  • LGPL: Esta licencia está pensada para que software que non ten por qué ser libre pida facer uso de bibliotecas libres (xa que si foran GPL o software propietario converteríase en GPL).
  • FDL: A licencia FDL é o equivalente á GPL para os manuais, libros ou calquera tipo de documentos. Tamén fai que o autor teña un recoñecimento público pola súa obra o mesmo tempo que o descarga de responsabilidade sobre as modificacións feitas por terceiros.

Hoxe en día atópase en estudio a GPLv3, que pretende solucionar algúns problemas xurdidos a raíz das patentes de software e do DRM (Digital Rights Management). Estes problemas consisten en que un particular ou unha empresa poden coller software libre, modificalo e engadirlle código baixo patente e posteriormente demandar a quen modifique o código resultante. Ou que unha empresa de hardware utilice nos seus equipamentos software libre dixitalmente firmado de maneira que non funcione si é modificado por terceiros. Esta maneira de 'saltarse' a GPL se coñece como tivoización, xa que foi empregada pola empresa Tivo.

O Modelo BSD.

Licencia dos UNIX da Universidade de Berkeley (OpenBSD, FreeBSD ...). Esta licencia obriga a dar crédito ós autores do software, e permite a distribución do código binario e o fonte pero, a diferencia da GPL, non obriga a distribuir o código fonte nin pon nengunha restricción sobre o que pode facer o que utilice o programa, sendo posible que se modifique e se sexa distribuída coma software propietario.

O Software de Fonte Aberta (Open Source).

Aínda que a efectos prácticos e o mesmo que o software libre, as razóns dos promotores do software libre son moi distintas das esgrimidas pola FSF (Free Software Foundation). Mentras que a FSF fai fincapé na liberdade do usuario, a Open Source Initiative destaca a superioridade do modelo de desenvolvemento libre sobre o propietario dando lugar a software de maior calidade. O ponto de vista da FSF en cambio é que aínda que a calidade do software fora menor, seguiría sendo preferible o software libre sobre o propietario, xa que a posibilidade de compartir e o coñecemento deben estar dispoñibles para todo o mundo.

Creative Commons.

Creative Commons ofrece diversas licencias para os autores de material diverso normalmente protexido con Copyright, como libros, documentación, música.... etc. Cada unha das licencias pode ter distintas configuracións ou principios, dándolle a posibilidade ó autor a ter un control total sobre o que terceiras persoas poden facer coas súas creacións. Pódese decir que frente o típico do Copyright, que é tódolos dereitos reservados, Creative Commons da a posibilidade de reservarse so algúns dereitos e renunciar a outros: algúns dereitos reservados. Algúns dos principios que se poden regular son o dereito de cita, reproducción, copia, a creación de obras derivadas ou a distribución pública. E algunhas restriccións que se poden indicar poderían ser por exemplo non permitir o uso comercial ou indicar en todo momento o autor orixinal. Como exemplo, unha das licencias ofrecidas por Creative Commons é Developing Nations (Nacións en Desenvolvemento) que permite que os dereitos de autor e beneficios producidos polas obras so sexan cobrados nos paises desenvolvidos, mentras que nos países do terceiro mundo se ofrecerían de forma aberta.


Outras licencias do mundo do software libre son XWindow, Tcl/Tk, Artistic (Perl), NPL (Netscape) ou Aladdin (Ghostscript), que ten condicións similares ó software propietario si se quere redistribuir con ánimo de lucro.

Conceptos relacionados co software libre son Open Source similar en concepto ó software libre pero máis centrado na rapidez e calidade ofrecida polo modelo de Bazar en contraste co énfases na liberdade da GPL, ou o Software de Dominio Público (Public Domain Software) na que o autor do software cede os dereitos á toda a comunidade de usuarios.

Implicacións da licencia no modelo de desenvolvemento.

Pódese discutir moito sobre as vantaxes dun modelo de software sobre o outro, pero o que parece indiscutible hoxe en día é que o software libre é máis axustable (todo o mundo dispón do código fonte), mais transparente (eliminando a posibilidade de spyware) e sobre todo cunha depuración máis rápida xa que e mantido por moita xente. Entre os seus inconvintes poderíanse citar que é moi difícil obter beneficios coa venta (a xente o pode copiar e distribuir libremente) e que moitas veces "non hai unha gran empresa detrás". Respecto a calidade, moita xente como a pertencenta a Open Source Initiative mantén que o modelo de desenvolvemento libre é superior ó tradicional, dando lugar a software de maior calidade en menos tempo. O certo é que o software libre está evolucionando moi rápidamente e hoxe en día ofrece alternativas de tanta ou mais calidade que o correspondente propietario, como apache que é o servidor web máis usado hoxe en día, ou o sistema operativo GNU/Linux. Por outra banda o software libre implica un modelo de negocio do software completamente distinto, baseado máis na fase de mantemento do ciclo de vida do software que na fase de desenvolvemento. O desenvolvemento e realizado por grandes grupos de voluntarios (e/ou asalariados) e como a distribución é libre e moi difícil obter beneficios, de maneira que o negocio diríxese cara o mantemento, instalación e persoalización do software.

Algunhas referencias en Internet sobre este tema podemos atopalas en: