Instalación do DNIe en Linux

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Saltar á navegación Saltar á procura

Instalación e configuración do DNIe en Debian

Introdución

C3po.png

Queremos empregar o noso DNIe baixo Debian para poder autentificarnos pola rede ou firmar documentos.

Situación de partida:

  • Debian testing jessie con kernel 3.2.0-4-amd64
  • Lector de tarxetas C3PO LTC31v2

Comprobamos o funcionamento do lector

Enchufamos o lector de tarxetas

Examinando se detecta o lector de tarxetas


root@Port-Profes4:/home/usuario# lsusb -t 
/:  Bus 08.Port 1: Dev 1, Class=root_hub, Driver=uhci_hcd/2p, 12M 
/:  Bus 07.Port 1: Dev 1, Class=root_hub, Driver=uhci_hcd/2p, 12M 
/:  Bus 06.Port 1: Dev 1, Class=root_hub, Driver=uhci_hcd/2p, 12M 
    |__ Port 2: Dev 2, If 0, Class=Chip/SmartCard, Driver=, 12M

Amósamos información detallada sobre o dispositivo e comprobamos que non ten un driver asociado.

root@Profes1:/home/usuario# lsusb -s 6:2 -v 
Bus 006 Device 002: ID 0783:0006 C3PO LTC31v2 
Device Descriptor: 
 ......
  idVendor           0x0783 C3PO 
  idProduct          0x0006 LTC31v2 
  bcdDevice            0.38 
  iManufacturer           1 C3PO 
  iProduct                2 USB SMART CARD READER

Instalación das ferramentas para traballar co lector de tarxetas

Necesitamos ter instaladas as seguintes ferramentas:

  • pcscd: (Personal Computer/Smart Card)É un Middleware, é dicir, proporciona unha API que permite a outras ferramentas interactuar cos lectores de tarxetas intelixentes.
  • pscd-tools: Ferramentas para interactuar cos lectores de tarxetas intelixentes
  • pinentry-gtk2: Para que nos pida o pin do DNIe en modo gráfico.
apt-get install pcscd pcsc-tools pinentry-gtk2 


Unha vez instalado pscd o sistema xa recoñece o lector de tarxetas e lle asigna un módulo para xestionalo.

root@Port-Profes4:/home/usuario# lsusb -t 
/:  Bus 08.Port 1: Dev 1, Class=root_hub, Driver=uhci_hcd/2p, 12M 
/:  Bus 07.Port 1: Dev 1, Class=root_hub, Driver=uhci_hcd/2p, 12M 
/:  Bus 06.Port 1: Dev 1, Class=root_hub, Driver=uhci_hcd/2p, 12M 
    |__ Port 2: Dev 2, If 0, Class=Chip/SmartCard, Driver=usbfs, 12M

Comprobamos o que funciona correctamente


Empregamos unha das ferramentas proporcionadas por pcsc-tools para comunicarnos co lector de tarxetas intelixentes e obter información da tarxteta intelixente inserida.


root@Port-Profes4:/home/usuario/DNIE# pcsc_scan 
PC/SC device scanner 
V 1.4.21 (c) 2001-2011, Ludovic Rousseau <ludovic.rousseau@free.fr> 
Compiled with PC/SC lite version: 1.8.7 
Using reader plug'n play mechanism 
Scanning present readers... 
0: C3PO LTC31 v2 (00416036) 00 00 
Fri May 31 14:57:44 2013 
Reader 0: C3PO LTC31 v2 (00416036) 00 00 
  Card state: Card inserted, 
  ATR: 3B 7F 38 00 00 00 6A 44 4E 49 65 10 02 4C 34 01 13 03 90 00 
......
.....
Possibly identified card (using /usr/share/pcsc/smartcard_list.txt): 
3B 7F 38 00 00 00 6A 44 4E 49 65 10 02 4C 34 01 13 03 90 00 
3B 7F 38 00 00 00 6A 44 4E 49 65 [1,2]0 02 4C 34 01 13 03 90 00 
    DNI electronico (Spanish electronic ID card) 
    http://www.dnielectronico.es 

Podemos probar cunha tarxeta de crédito, pero seguramente non a recoñecerá, xa que non estará na lista de tarxetas coñecidas.


Instalación do “driver” específico para o DNIe

O lector de smartcard funciona correctamente, permite ler a información da tarxeta. Pero para que os programas entendan a información almacenada no DNIe é preciso instalar OpenSC-OpenDNIe.

É dicir, OpenSC con soporte para el DNI electrónico Español. Este é un driver de código aberto para traballar cos lectores de DNIe. É a fusión de dous proxectos:

  • OpenSC: é o standard de manexo de smartcards ou tarxetas criptográficas pkcs#15.
  • OpenDNIe: Incorpora o necesario para comunicarse co DNIe Español.

O paquete proporcionado na páxina oficial está discontinuado así que empregaremos este. A última versión desenrolada foi para Debian Squeeze.

Obteremos a versión actualizada do driver dende https://github.com/clopez/OpenSC-OpenDNIe-Debian

Git é un dos sistemas de control de versións máis populares entre os desenroladores. Parte culpa da súa popularidade tena GitHub, un excelente servizo de aloxamento de repositorios de software con este sistema

Como o código do noso driver está aloxado en GitHub podemos descargar o código e compilalo para a nosa versión de Debian para crearnos o .deb. Para elo seguimos as instruccións da páxina

  • Instalamos dependencias
    apt-get install build-essential devscripts dh-autoreconf git-buildpackage
    apt-get build-dep opensc

Este último comando instala as dependencias necesarias para compilar o paquete opensc, para elo temos que ter engadida no sources.lst unha liña do tipo deb-src. Por exemplo

deb-src http://ftp.es.debian.org/debian/ jessie main contrib non-free
  • Clonar repositorio con gbp:
    É dicir descargamos o código fonte do repositorio github para compilalo.
    Como usuario normal
    mkdir DNIE
    cd DNIE
    gbp-clone https://github.com/clopez/OpenSC-OpenDNIe-Debian
    Esto crea unha carpeta chamada OpenSC-OpenDNIe-Debian co código fonte
    cd OpenSC-OpenDNIe-Debian


  • Compilamos o paquete
    git-buildpackage

Se se produce algún erro e non crea o .deb podemos executalo como

    git-buildpackage –git-ignore-new

O proceso finaliza coa seguinte mensaxe de erro. Pero é normal


    Now signing changes and any dsc files... 
     signfile opensc_0.12.2-OpenDNIe.dsc Carlos Alberto Lopez Perez     <clopez@igalia.com> 
    gpg: directory `/home/usuario/.gnupg' created 
    gpg:  creouse un novo ficheiro de configuración     `/home/usuario/.gnupg/gpg.conf' 
    gpg: AVISO: as opcións de `/home/usuario/.gnupg/gpg.conf' aínda non están     activas nesta execución 
    gpg: chaveiro `/home/usuario/.gnupg/secring.gpg' creado 
    gpg: chaveiro `/home/usuario/.gnupg/pubring.gpg' creado 
    gpg: skipped "Carlos Alberto Lopez Perez <clopez@igalia.com>": a chave     secreta non está dispoñible 
    gpg: /tmp/debsign.ZUVJifRs/opensc_0.12.2-OpenDNIe.dsc: clearsign failed: a     chave secreta non está dispoñible 
    debsign: gpg error occurred!  Aborting.... 
    debuild: fatal error at line 1278: 
    running debsign failed 
    gbp:error: Couldn't run 'debuild -i -I': debuild -i -I returned 29 
   É normal que falle, está tratando de firmar o paquete empregando gpg, pero é imposible que o firmemos nos, xa que non somos o autor do mesmo e non temos a súa clave privada.

Se todo vai ben obteremos no directorio DNIE o paquete .deb para instalar

  • Instalamos o paquete

Como root

     dpkg -i opensc_0.12.2-OpenDNIe_amd64.deb


.

Configurar o navegador para autentificarnos co DNIe

Imos a configurar o iceweasel. Temos que facer dúas cousas

[[Image:]]

  • Engadir dipositivo de seguridade

[[Image:]]

Engadimos /usr/lib/x86_64-linux-gnu/opensc-pkcs11.so

[[Image:]]

Comprobando o seu funcionamento

Imos a unha páxina onde podamos empregar o DNIe, por exempo a www.dgt.es para comprobar o noso saldo de puntos. Escollemos “Saldo de puntos con certificado”

[[Image:]]

Pode que todo pareza ir ben pero non abre a ventá para introducir o pin. Para solucionalo en

/etc/opensc/opensc.conf. Temos que descomentar  enable_pinpad = false; 
 reader_driver pcsc { 
                ......
                # 
                # Enable pinpad if detected (PC/SC v2.0.2 Part 10) 
                # Default: true 
                 enable_pinpad = false; 
                # 


Agora o acceder á páxina xa debería solicitar o PIN