Almacenando Información en Java (Ficheiros): Diferenzas entre revisións
Liña 45: | Liña 45: | ||
* Listar os arquivos dunha carpeta: '''list''' |
* Listar os arquivos dunha carpeta: '''list''' |
||
* Renomear un arquivo ou unha carpeta: '''renameTo''' |
* Renomear un arquivo ou unha carpeta: '''renameTo''' |
||
* Obter atributos dun arquivo: isDirectory, isFile, isHidden, length, lastModified, canExecute, canRead, canWrite |
* Obter atributos dun arquivo: '''isDirectory''', '''isFile''', '''isHidden''', '''length''', '''lastModified''', '''canExecute''', '''canRead''', '''canWrite''' |
||
;EXERCICIO: Escribir un programa Java que amose un prompt '''path a carpeta actual >''' e nos permita movernos mediante o comando '''cd''', crear directorios co comando '''md''', crear arquivos co comando '''create''' listar os arquivos mediante o comando '''ls''', renomear arquivos co comando '''ren''' e eliminar arquivos co comando '''rm'''. Tamén debe permitir obter o tamaño e a data de modificación dun arquivo ou directorio co comando '''info''' |
|||
=== A organización: Campos, Rexistros e Bloques === |
=== A organización: Campos, Rexistros e Bloques === |
Revisión como estaba o 14 de marzo de 2022 ás 17:51
Conceptos Básicos
Soporte, Organización e Acceso
Os Soportes
Un sistema informático xestiona a información almacenada na súa memoria RAM en formato binario, sendo procesada pola CPU para producir información nova que é almacenada de volta na memoria RAM do sistema. A memoria RAM é volátil, polo que si desconectamos o equipo a información almacenada se perde. Polo tanto é necesario almacenar a información binaria en algún tipo de soporte de información permanente.
Os soportes de almacenamento permanente máis utilizados son os soportes magnéticos, que nos últimos anos están sendo substituídos polas memorias SSD. En canto ao xeito en que permiten almacenar e recuperar a información, podemos clasificar os soportes de almacenamento en:
- Soportes Secuenciais: A información se almacena unha detrás de outra segundo vai chegando, non é posible retroceder nin avanzar a unha posición de escritura concreta sin pasar por enriba de información previa. Entre estes tipos de soporte podemos destacar as cintas magnéticas.
- Soportes de Acceso Aleatorio: Permiten acceder a posicións concretas do soporte de xeito directo para realizar operacións de lectura e escritura. De este tipo de soportes podemos destacar os Discos Magnéticos (HDD) ou as memorias de estado sólido (SDD).
Os dispositivos máis comúns de almacenamento utilizados polos programas son soportes de acceso aleatorio, principalmente HDD e SDD. O xeito de organizar a información en estes tipos de soporte é similar. Dende o punto de vista da programación o concepto máis importante é o de bloque físico.
O Sistema de Arquivos
Os soportes nos dan a posibilidade de almacenar información, pero para poder gardala e recuperala de un xeito eficiente necesitamos organizala dun xeito "comprensible". O xeito en que se organiza a información nun soporte para poder acceder á mesma con facilidade se coñece como sistema de arquivos.
Sistemas de arquivos de uso común son FAT32, VFAT, NTFS, EXT4, ZFS, BTRFS ... etc, cada un de eles con diferentes características e limitacións. Sen embargo, teñen algo en común: Almacenan a información en Ficheiros (ou Arquivos) e a organizan en Directorios (ou "carpetas"),
Un arquivo é o lugar onde almacenamos información en formato binario pertencente a un "concepto" concreto. Por exemplo podemos ter información dunha factura, un documento de texto, un vídeo ou unha fotografía. Podemos distinguir entre dous tipos de arquivos diferentes:
- arquivos de texto: Nos arquivos de texto a información binaria almacenada (nun arquivo informático e nos sistemas informáticos toda a información está sempre en binario, e decir representando únicamente valores 0 e valores 1) se interpreta como caracteres. Estes caracteres poden ser interpretados segundo varias codificacións (ISO, UTF-8, UTF-16) e algúns deles teñen un significado "especial" (como o salto de liña). Para interpretar correctamente un arquivo de texto é necesario coñecer que codificación de caracteres utiliza.
- arquivos binarios: Nos arquivos binarios a información non ten unha interpretación concreta. Son arquivos que conteñen bits que poden representar absolutamente calquera cousa: Un programa, unha canción, unha fotografía, .... etc. O modo en que se almacena a información se coñece como "formato" do arquivo. Formatos comúns son: class, EXE, PDF, MP4, AVI, MP3, OGG, DOC, MKV, .... etc. Habitualmente para que unha persoa recoñeza de inmediato o tipo de arquivo (o seu formato) se utiliza unha "extensión" para o nome do arquivo que consiste nun punto seguido de 3 letras. Os programas poden ter en conta esa extensión ou non facelo.
Os sistemas de arquivos organizan os arquivos en distintos directorios formando unha árbore na que o raíz ou inicio é o directorio / (\ en Windows). A partir de ahí se van creando directorios e subdirectorios formando unha árbore do tamaño que se desexe. En todos os directorios existen dous directorios "especiais". O directorio . que representa a posición actual, e o directorio .. que representa o directorio anterior ao actual.
Para referirnos a un directorio ou arquivo do sistema concreto necesitamos especificar o seu camiño ou ruta (path). O path pode ser:
- Relativo: Se van listando os directorios polos que necesitamos pasar ata alcanzar o destino contando dende a nosa posición actual. Se separará un directorio de outro utilizando o caracter / si utilizamos un sistema UNIX/Linux ou \ si utilizamos un sistema Windows.
- Absoluto: Se van listando os directorios polos que necesitamos pasar ata alcanzar o destino contando dende o raíz (e polo tanto o path absoluto sempre comeza por / ou por \ si estamos en Windows).
- URN: Os URN son "persistentes" no sentido que sempre identificarán o mesmo recurso.
- URL: Os URL non son necesariamente "persistentes" e ademáis de identificar un recurso proporcionan información sobre como acceder ao mesmo normalmente indicando o protocolo de acceso antes do identificador (file://, http:// ftp://)
Uso do sistema de arquivos en Java: A clase File
A clase File do API de Java nos permite todas as accións posibles sobre un sistema de arquivos, as principais son:
- Crear un Arquivo: createNewFile
- Crear unha Carpeta: mkdir / mkdirs
- Determinar si un arquivo ou carpeta existe: exists
- Eliminar un Arquivo ou Carpeta: delete
- Listar os arquivos dunha carpeta: list
- Renomear un arquivo ou unha carpeta: renameTo
- Obter atributos dun arquivo: isDirectory, isFile, isHidden, length, lastModified, canExecute, canRead, canWrite
- EXERCICIO
- Escribir un programa Java que amose un prompt path a carpeta actual > e nos permita movernos mediante o comando cd, crear directorios co comando md, crear arquivos co comando create listar os arquivos mediante o comando ls, renomear arquivos co comando ren e eliminar arquivos co comando rm. Tamén debe permitir obter o tamaño e a data de modificación dun arquivo ou directorio co comando info
A organización: Campos, Rexistros e Bloques
Rexistros de lonxitude fixa e rexistros de lonxitude variable Organización secuencial, directa e indexada
O acceso
Acceso secuencial, directo e indexado
Serialización, A interface Serializable
A clase RandomAccessFile
O "punteiro do ficheiro", operacións "seek" e "getFilePointer"
Exercicio =
A partir de unha clase, crear un ficheiro que garde os datos e un índice que os localice por chave primaria. No arranque do programa se carga o índice na memoria nun map.
class Index<K> {
K key; long positition;
}