Servidores Web e Servidores de Aplicacións: Diferenzas entre revisións
Liña 52: | Liña 52: | ||
=====Alias, Directory, Location===== |
=====Alias, Directory, Location===== |
||
Mediante ''Directory'' e ''Location'' facilitamos acceso a determiñadas carpetas ao servidor Web e configuramos os seus permisos de acceso. ''Directory'' indica o camiño no árbore de directorios do sistema ao directorio a configurar, mentras que ''Location'' indica o camiño dende o árbore do sitio web: |
|||
<source lang='xml'> |
|||
<Directory /var/lib/mywebapp> |
|||
.... |
|||
</Directory> |
|||
</source> |
|||
<source lang='xml'> |
|||
<Location /documents> |
|||
.... |
|||
</Location> |
|||
</source> |
|||
{{boxinfo|As configuracións de seguridade se poden crear en tres sitios: A nivel de servidor (en ''conf.d'' ou ''apache2.conf''), a nivel de host virtual (dentro do ''VirtualHost'') ou a nivel de ''Directory'' ou ''Location''}} |
|||
=====Options===== |
=====Options===== |
||
=====Autenticación===== |
=====Autenticación===== |
Revisión como estaba o 15 de outubro de 2013 ás 17:37
Servidores de Aplicacións
Os servidores de aplicacións proporcionan un marco de traballo integrado para a realización de aplicacións web no que o servidor se encarga de procesos comúns como a xestión do acceso ás bases de datos ou o soporte de configuracións de alta dispoñibilidade permitindo ao programador de aplicacións centrarse na lóxica da mesma.
Os servidores de aplicacións manteñen ademáis un entorno de execución de aplicación, común as peticións de todos os clientes, de xeito que é simple compartir información entre estos, e impoñen unha estructura de aplicación que fai relativamente simple a separación entre a lóxica e a presentación da aplicación.
Os servidores de aplicacións máis empregados hoxe en día son os basados en JAVA como Apache Tomcat ou en .NET como o IIS.
Servidores Web
A misión dos servidores Web e cargar e enviarlle aos clientes os documentos solicitados. Para que o servidor dispoña de capacidade de proceso é necesario engadirlle os módulos correspondentes as tecnoloxías a empregar: SSI, CGI ou as linguaxes de scripting desexadas, como PHP.
Os servidor web máis utilizado no mundo con moita diferencia é o Apache Web Server, seguido polo Microsoft IIS.
Apache Web Server
Apache é a base do que se coñece por entornos LAMP, formados polo Sistema Operativo Linux, o Servidor Web Apache, a Linguaxe de Scripting PHP e o Xestor de Bases de Datos MySQL de uso xeral na Web.
Estructura do Apache
En Debian o apache almacena a súa configuración en /etc/apache2, co seguinte formato:
- apache2.conf
- Almacena a configuración do servidor (en outras distribucións chámase httpd.conf) incluindo ficheiros que se atopan en outros lugares. Debian trocea o ficheiro en varias carpetas para facilitar a xestión, aínda que ao final a configuración global residirá neste ficheiro.
- envvars
- Conten variables de entorno relativas ao funcionamento do servidor web.
- magic
- Almacena bytes de identificación de varios tipos de arquivo.
- ports
- Configura os portos dende o que Apache servirá as páxinas
- conf.d
- Neste directorio se configuran os permisos de acceso do servidor a diversos sitios.
- mods-available
- Neste directorio atópanse os módulos Apache instalados no sistema. Para activalos, é necesario crear un enlace aquí dende a carpeta mods-enabled
- mods-enabled
- Este directorio contén enlaces aos módulos de mods-available que se atopan activos.
- sites-available
- Este directorio almacena a configuración dos sitios web virtuais configurados. Para activalos é necesario crear un enlace aquí dende a carpeta sites-enabled
- sites-enabled
- Este directorio conten enlaces aos sitios web de sites-available que se atopan activos.
Servidores Virtuais
O protocolo http indica na cabeceira da petición o nome do servidor web ao que se lle realiza a solicitude. Esto o aproveitan os servidores web para seleccionar cal dos sitios que albergan deben servir, o que posibilita que un único servidor cunha única dirección IP poda atender varios sitios web ao mesmo tempo coñecidos como Sitios Virtuais.
En Apache a configuración dos sitios virtuais realízase mediante a directiva VirtualHost. Vexamos un exemplo de creación dun sitio virtual chamado www.virtualhost.com.
- En primeiro lugar debemos crear un ficheiro en /etc/apache2/sites-available coa configuración do sitio. Podemos chamalo, por exemplo, www.virtualhost.com
<VirtualHost *:80>
ServerName www.virtualhost.com
DocumentRoot /var/sites/virtualhost
</VirtualHost>
- Esto indica que o servidor virtual aceptará conexións en todas as IP da máquina (*), no porto 80. Que o servidor atenderá ás peticións de www.virtualhost.com e que os documentos están situados na carpeta /var/sites/virtualhost.
- Logo debemos activar o sitio, e decir, crear un enlace dende /etc/apache2/sites-enabled. O faremos co script a2ensite:
a2ensite www.virtualhost.com
- Supoñendo que o ficheiro se chame www.virtualhost.com, que non ten por qué.
Alias, Directory, Location
Mediante Directory e Location facilitamos acceso a determiñadas carpetas ao servidor Web e configuramos os seus permisos de acceso. Directory indica o camiño no árbore de directorios do sistema ao directorio a configurar, mentras que Location indica o camiño dende o árbore do sitio web:
<Directory /var/lib/mywebapp>
....
</Directory>
<Location /documents>
....
</Location>
Options
Autenticación
Http Seguro
Internet Information Services
IIS é o servidor proporcionado pola plataforma Windows Server, e proporciona un servidor de aplicacións .NET, xunto cun Servidor Web capaz de executar ASP e ampliable mediante módulos. Igual que o Apache, soporta servidores virtuais, configuración de seguridade a nivel de directorio, autenticación e http seguro.