Debian en Sony VAIO Fit 15E: Diferenzas entre revisións
Liña 74: | Liña 74: | ||
si insertando o módulo '''wl''' xenerado por este driver mediante ''modprobe wl'' non detecta a WiFi, reiniciando si o fai. |
si insertando o módulo '''wl''' xenerado por este driver mediante ''modprobe wl'' non detecta a WiFi, reiniciando si o fai. |
||
==== Sistema de Vídeo ==== |
|||
Este equipo dispon de dúas tarxetas de vídeo, unha de alto rendimento en 3D (nvidia GeForce GT 740M) e outra de baixo consumo para o traballo máis habitual (intel). A combinación de estas dúas tarxetas emprega unha tecnoloxía de ''nvidia '' chamada ''Optimus'', que precisa dunha configuración especial. Nun principio o sistema estará facendo uso únicamente da tarxeta intel. |
Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2014 ás 16:17
Introducción
Instalaremos Debian Jessie nun equipo Sony VAIO Fit 15E, modelo SVF1531B4E. O obxectivo final é unha partición con Windows 8.1 e Debian Jessie en arranque dual.
Características Xerais
Procesador: Intel(R) Core i7 4500U a 1,80 GHz, Plataforma Haswell ULT
Gráfica: nVidia Optimus con intel 4400HD e NVIDIA GeForce GT 740M, 1GB de RAM
RAM: 8GB DDR3
HDD: SATA 6Gb/sg 750GB
DVD: MATSHITA DVD-RAM UJ8E2 (DVD+R DL) Super Multi
Rede: BCM43142 b/g/n Wireless & Bluetooth Adapter, Realtek RTL8168/8111 PCIe GBE Family e Intel NFC
USB: 2 USB 3.0 (1 power) e 2 USB 2.0
Son: Realtek High Definition Audio
WebCam:
Sistema Operativo: Windows 8
Estado Inicial
O disco do Sony VAIO utiliza de fábrica un sistema de particións GPT, organizado do seguinte xeito unha vez actualizado a Windows 8.1:
Partición de 260M do fabricante (OEM)
Partición de 1,44GB de recuperación
Partición de sistema de 260MB (EFI)
Partición C: de 671GB en NTFS
Partición de 350MB de recuperación.
Partición de 25,46GB de recuperación
Instalación
Arrancamos o sistema e realizamos a configuración do equipo (instalación de fábrica).
Actualización do Sistema e Medio de Recuperación
Utilizaremos Windows Update e logo VAIO update para actualizar o sistema e a continuación (despois de recuperar múltiples updates e varios reinicios...) crearemos os medios de recuperación para restaurar o equipo ao seu estado de fábrica por si o desexamos con posterioridade. Para elo, pulsando o botón de ASSIST lanzamos a aplicación VAIO Care, que na opción de Ferramentas Avanzadas nos ofrece a opción de "Creación de Medios de Recuperación".
Esta opción permitirá gardar en un dispositivo externo a información necesaria para restaurar o sistema ou seu estado de fábrica.
P.D: Ao crear os medios de recuperación produciuse un erro que obligou a reiniciar no momento de crear o terceiro disco, e logo outro no segundo. Despois de deshabilitar o secure boot, e activar o soporte de virtualización da CPU se crearon sen problemas, aínda que o máis probable é que non teña nada que ver...
Windows 8.1
Microsoft ofrece a actualización a Windows 8.1 a partir de Windows 8 na súa tenda de aplicacións. Iremos a tenda de Microsoft dende a pantalla principal e a instalaremos.
Particións
Esta equipa utiliza UEFI e particións GPT. Redimensionaremos a partición correspondente coa unidade C: para deixar sitio para o Debian. Reservaremos 500GB.
Non é posible reducir a partición si a mesma ten ficheiros non movibles, como o área de intercambio ou instantáneas do sistema. Eliminamos temporalmente o area de intercambio e borramos as instantáneas do sistema.
Instalación de Debian
Creamos un CD de instalación de Jessie, e posteriormente iniciamos a máquina dende o menú de asistencia despregado co botón ASSIST. Realizamos a instalación de debian mediante ethernet, xa que a WiFi precisa de drivers non incluídos na instalación.
Utilizarei LVM cun grupo de volumenes de unha partición de 500GB (a liberada con anterioridade) e tres volumes lóxicos para root, swap e homes. A instalación se realiza sin problemas, e cando reiniciemos observaremos o menú de grub mediante o que seleccionaremos o sistema a arrancar. O problema que imos a atopar é que ao arrancar Windows, desaparecerá o acceso ao grub, iniciándose directamente Windows e imposibilitando o acceso ao Debian.
Si ocurre esto, a solución (temporal) é arrancar dende o CD de instalación en modo rescate e montar a partición EFI (/dev/sda3) en /boot/efi, instalando a continuación de novo o grub con grub-install /dev/sda, e recreando o menú con update-grub. Esto nos proporcionará de novo acceso ao grub no arranque mentras non iniciemos Windows.
O que sucede é que cando instalamos grub2-efi se engade ao menú de arranque na NVRAM a entrada para o linux/grub como primeiro elemento do menú de arranque. No seguinte reinicio, o firmware UEFI elimina todas as entradas salvo a primeira para esa partición EFI (aparentemente, algúns firmwares únicamente permiten unha entrada de arranque por partición EFI). Cando arrancamos Windows, o sistema ve que a súa entrada de arranque non está na NVRAM, de modo que a inserta en primeiro lugar co que o firmware UEFI eliminará o grub.
A solución pasa por modificar o arranque de Windows mediante a utilidade bcdedit de xeito que arranque sempre a través do grub en lugar de facelo directamente en Windows coa entrada EFI \EFI\Microsoft\Boot\bootmgfw.efi.
bcdedit /set {bootmgr} path \EFI\debian\Boot\grubx64.efi
Verificación e Configuración de Debian
En primeiro lugar, modificaremos o arquivo /etc/apt/sources.list para incluir os repositorios correspondentes a contrib e non-free. Unha vez feito esto, instalaremos o firmware base para distinto hardware, e o firmware específico para a tarxeta ethernet realtek:
apt-get update
apt-get install firmware-linux firmware-linux-free firmware-linux-nonfree firmware-realtek
Tarxeta WiFi
A tarxeta wifi é unha broadcom BCM43142, que precisa de drivers non presentes no kernel para o seu funcionamento.
apt-get install broadcom-sta-dkms
si insertando o módulo wl xenerado por este driver mediante modprobe wl non detecta a WiFi, reiniciando si o fai.
Sistema de Vídeo
Este equipo dispon de dúas tarxetas de vídeo, unha de alto rendimento en 3D (nvidia GeForce GT 740M) e outra de baixo consumo para o traballo máis habitual (intel). A combinación de estas dúas tarxetas emprega unha tecnoloxía de nvidia chamada Optimus, que precisa dunha configuración especial. Nun principio o sistema estará facendo uso únicamente da tarxeta intel.