Creación dunha Infraestructura de chave pública (PKI): Diferenzas entre revisións
Liña 334: | Liña 334: | ||
=== Uso no E-mail === |
=== Uso no E-mail === |
||
Os certificados poden ser utilizados no correo electrónico tanto para a realización de firmas (), como para o cifrado do seu contido. |
|||
==== Firma de Correos ==== |
==== Firma de Correos ==== |
||
==== Cifrado de Correos ==== |
==== Cifrado de Correos ==== |
Revisión como estaba o 4 de marzo de 2014 ás 12:22
Introducción
Tradicionalmente a seguridade se garantizaba co segredo. O habitual era o uso dunha chave segreda que únicamente coñecían as partes involucradas na comunicación (chave compartida, ou shared key) que se utilizaba para cifrar e descifrar a información (cifrado simétrico). Hoxe en día, cos PIN e as passwords utilizamos tamén unha chave compartida entre nos e o equipo ou servizo ao que accedemos para obter os permisos necesarios. Estas chaves compartidas precisan de completa confianza entre as partes que se comunican, xa que no caso de que a chave quede exposta por calqueira dos dous lados se perdería completamente a seguridade na comunicación.
Hoxe en día, existen alternativas, como as baseadas nas infraestructuras de chave pública ou PKI (Public Key Infraestructure). PKI utiliza criptografía asimétrica de chave pública; con este sistema, as partes involucradas na comunicación necesitan unha parella de chaves de xeito que a información cifrada con unha das chaves únicamente poda ser descifrada pola outra. A chave que se utiliza para cifrar non serve para descifrar. Unha das chaves é para uso único do seu propietario e é mantida en segredo (chave privada, ou Private Key), e a outra se distribúe a todo o mundo que queira manter co usuario unha comunicación confidencial (chave pública ou Public Key).
Deste xeito, si un usuario cifra un documento ou unha parte de él (normalmente un hash obtido a partir do contido do documento) coa chave privada (firma dixital) , os receptores do mesmo poden estar seguros de quen é remitente, xa que únicamente a chave pública do mesmo é capaz de descifrar o documento. Si por outra parte, un usuario cifra un documento coa chave pública, únicamente o propietario da chave privada poderá acceder á información (cifrado). A PKI nos proporciona a posibilidade de firma dixital e de cifrado de información.
A principal debilidade deste sistema atópase na distribución das chaves públicas. Si un usuario malicioso distribúe unha chave pública atribuíndoa a un terceiro (por exemplo, un banco), o resto dos usuarios poden chegar a pensar que están realizando unha comunicación segura co banco, cando en realidade a información está sendo decodificada polo falsificador. Para evitar esto, se utilizan os certificados.
As autoridades de certificación firman con varios niveis de seguridade (fortaleza a hora de comprobar a identidade real do autor da solicitude do certificado), que van de o 1 (menos comprobacións) ao 3 (comprobacións máis exhaustivas). E posible conseguir firmas de certificados de nivel 1 por autoridades de certificación recoñecidas como www.startssl.com de modo gratuito. Nun último nivel, depende do propio usuario aceptar ou rexeitar o uso dun certificado a partir da reputación do firmante do mesmo.
E posible tamén que unha autoridade de certificación (CA Raíz) delegue en outras autoridades subordinadas o firmado de algúns tipos de certificados.
As compoñentes máis habituais dunha PKI son:
As autoridades de certificación (CA) (raíz e subordinadas): Son as encargadas de emitir e revocar certificados, dando lexitimidade á relación dunha chave pública coa identidade real dun usuario ou servizo. A fortaleza desa relación parte da confianza que o usuario teña na autoridade certificadora.
A autoridade de rexistro (RA): Depende da autoridade de certificación e é a responsable das comprobacións necesarias para verificar a relación entre a chave pública dun certificado e a identidade dos seus titulares.
A autoridade de validación: Mantén o repositorio de listas de revocación de certificados. As listas de revocación de certificados (CRL) almacenan os certificados que por algún motivo deixaron de ser válidos antes da súa data de caducidade. Normalmente proporcionan un servicio de validación on-line a través do protocolo OCSP.
Os usuarios e entidades finais: Os usuarioson aqueles que poseen unha parella de chaves asimétricas e un certificado asociado a súa chave pública. As entidades finais son todos aqueles que aceptan e confían na validez dos certificados dixitais emitidos.
Os certificados dixitais máis utilizados polas PKI seguen o estándar X.509, e deben conter a seguinte información:
- Número de serie do certificado
- Nome, Dirección e Domicilio do suscritor.
- Identificación do suscriptor.
- Nome,Dirección e Localidade da autoridade de certificación emisora.
- Data de emisión e Data de caducidade do certificado.
- Chave pública do suscritor.
- Métodos para a comprobación da validez do certificado (URL do OCSP)
- Versión do formato
- Número de serie otorgado pola entidade emisora
- Parámetros e identificador do algoritmo de firma
Un exemplo de PKI de uso común en España é o DNIe
Instalación e Configuración
OpenSSL consiste nun conxunto de ferramentas que permiten unha completa xestión de certificados. Para a súa manipulación utilízase a orde openssl, que admite gran cantidade de operacións:
- ca - Xestión de unha autoridade de certificación (CA).
- crl - Xestión da lista de revocación de certificados (CLR).
- crl2pkcs7 - Conversións de CRL a PKCS#7.
- dgst - Cálculo de resúmenes.
- passwd - Xeneración de contrasinais.
- pkcs12 - Xestión de certificados PKCS#12.
- pkcs7 - Xestión de certificados PKCS#7.
- req - Xestión de solicitudes de certificados X.509 (Certificate Signing Request, CSR)
- rsa - Xestión de chaves RSA.
Crearemos unha autoridade de certificación que nos permitirá expedir certificados dixitais para os distintos servizos ofrecidos pola rede, como a Web ou o Correo.
1.- Creación da estructura de ficheiros: Existen varias alternativas, pero a estructura máis común e similar a da figura:
Dentro do directorio PKI gardaremos unha copia de /etc/openssl.conf que persoalizaremos ao noso gusto.
O Directorio CA almacenará a infraestructura que consistirá en:
- O certificado da autoridade de certificación (CA) que contén a súa chave pública.
- A carpeta private, que almacenará a chave privada da autoridade de certificación.
- A carpeta clr, que almacenará a infraestructura de revocación de certificados.
- A carpeta certs, que almacenará os certificados asinados pola CA e as solicitudes correspondentes.
- A carpeta newcerts, que almacenará os certificados asinados pola CA, o nome será o número de serie do certificado e extensión .pem
- O ficheiro 'serial', para levar o control do número de serie para os certificados asinados
A infraestructura de revocación almacenada en clr conterá:
- O ficheiro 'clrnumber', que levará a conta das revocacións
- O ficheiro 'index.txt', que almacenará a base de datos dos certificados revocados.
- O 'certificado da autoridade de revocación'
2.- Persoalización de openssl.conf: Copiamos o ficheiro /etc/ssl/openssl.conf dentro da carpeta PKI, para poder persoalizalo cos datos da autoridade certificadora. Aparte de eses datos, as liñas importantes a modificar son:
[ CA_default ] dir = /root/PKI/CA # Where everything is kept certs = $dir/certs # Where the issued certs are kept crl_dir = $dir/crl # Where the issued crl are kept database = $crl_dir/index.txt # database index file. #unique_subject = no # Set to 'no' to allow creation of # several ctificates with same subject. new_certs_dir = $dir/newcerts # default place for new certs. certificate = $dir/ca.pem # The CA certificate serial = $dir/serial # The current serial number crlnumber = $crl_dir/crlnumber # the current crl number # must be commented out to leave a V1 CRL crl = $crl_dir/crl.pem # The current CRL private_key = $dir/private/ca.key # The private key RANDFILE = $dir/private/.rand # private random number file
3.- Si queremos dar servicio de validación de certificados mediante OCSP, deberemos engadir a openssl.conf, dentro da sección [ usr_cert ] a liña:
authorityInfoAccess = OCSP;URI:http://<uri to server>
- E unha nova sección:
[ v3_OCSP ] basicConstraints = CA:FALSE keyUsage = nonRepudiation, digitalSignature, keyEncipherment extendedKeyUsage = OCSPSigning
4.- Inicialización do serial. Poñemos un 01 no ficheiro serial e /crl/crlnumber:
echo '01' > serial echo '01' > crl/crlnumber
5.- Creación das chaves e certificados da CA e da autoridade de validación. Levaremos a cabo as seguintes ordes dende o directorio CA:
# Chave Privada da CA openssl genrsa -des3 -out private/ca.key 4096 # # Certificado da CA openssl req -new -x509 -extensions v3_ca -days 3650 -key private/ca.key -out ca.crt # # Chave Privada e solicitude de certificado para o servidor OCSP openssl req -config ../openssl.cnf -new -nodes -out ocsp/ocsp.server.com.csr -keyout ocsp/ocsp.server.com.key -extensions v3_OCSP # # Firma do certificado OCSP openssl ca -config ../openssl.cnf -in ocsp/ocsp.server.com.csr -out ocsp/ocsp.server.com.crt -extensions v3_OCSP
Funcionamento
Cando unha entidade ou individuo precisa identificarse e/ou transmitir información confidencial mediante certificados de chave pública, o primeiro que ten que facer é crear a súa propia chave privada que deberá almacenar en segredo. Paralelamente a esa chave privada, a entidade deberá crear unha solicitude de certificado, que incorporará a chave pública correspondente coa chave privada anteriormente creada. Esa solicitude de certificado se deberá enviar a unha Autoridade de Certificación de confianza, que despois de realizar as oportunas comprobacións de seguridade, enviará un certificado firmado coa súa chave privada.
Deste xeito, a Autoridade de Certificación certifica a correspondencia do certificado emitido coa entidade solicitante.
Firma de Certificados
O proceso sería o seguinte:
1.- A Entidade/Usuario crea a súa chave privada e a súa solicitude de certificado
# Chave privada con cifrado des3 e 4096 bits
openssl genrsa -des3 -out nome_chave_privada.key 4096
# Solicitude de certificado
openssl req -new -key nome_chave_privada.key -out nome_certificado.csr
alternativamente:
# Crea a chave privada e a solicitude de certificado
openssl req -newkey rsa:4096 -keyout nome_chave_privada.key -out nome_certificado.csr
Si quixeramos non cifrar a chave privada, non especificaríamos -newkey, poñendo no seu lugar -new -nodes. A solicitude nome_certificado.csr se envía a autoridade de certificación, por correo electrónico, FTP... etc.
2.- A Autoridade de Certificación, previa comprobación acorde ao nivel de seguridade solicitado pola entidade, firma o certificado.
openssl x509 -req -days 365 -CA ca.pem -CAkey ca.key
-CAcreateserial -CAserial ../serial
-in nome_certificado.csr -out nome_certificado.pem
ou tamén:
openssl ca -config ../openssl.cnf -in nome_certificado.csr -out nome_certificado.crt
Podemos especificar -policy seccion para indicar o tipo de información a gardar no certificado segundo o arquivo /etc/ssl/openssl.cnf
- DV (Domain Validation) - Se verifica únicamente o dereito a utilizar o dominio/e-mail para o que se expide o certificado.
- OV (Organization Validation) - Ademáis do anterior, se verifica a información da organización solicitante, que se inclúe no certificado.
- EV (Extended Validation) - Ademáis de todo o anterior, se levan a cabo unhas verificacións extra, como a existencia legal, física e operativa da entidade solicitante, que a mesma coincide coa información oficial, que a entidade ten o dereito exclusivo de uso para o que se expide o certificado, etc.
3.- A Autoridade de Certificación envía o certificado firmado á Entidade/Usuario.
Lista de Revocación e Servicio de Validación
Os distintos certificados firmados por unha autoridade de certificación poden perder a súa validez en varios casos, como pode ser a perda ou acceso non autorizado á chave privada correspondente. Neses casos, pode solicitarse a revocación do certificado á autoridade de validación. Para facer esto, a autoridade de certificación mantén unha lista de certificados revocados que pode ser consultada solicitando acceso á lista ou mediante un servidor OCSP. OpenSSL proporciona un servidor OCSP que permite a comprobación da validez dos certificados emitidos pola CA. O servidor no porto 8888 se inicia co seguinte comando:
openssl ocsp -index crl/index.txt -port 8888 -rsigner ocsp/ocsp.iesrodeira.com.crt
-rkey ocsp/ocsp.iesrodeira.com.key -CA ca.pem -text -out log/log.txt
Un cliente poderá comprobar a validez do certificado correo.iesrodeira.com.pem co comando:
openssl ocsp -CAfile ca.pem -issuer ca.pem -cert correo.iesrodeira.com.pem -url http://ocsp.iesrodeira.com:8888 -resp_text
A revocación do certificado correo.iesrodeira.com.pem realízase co seguinte comando:
openssl ca -config ../openssl.cnf -revoke correo.iesrodeira.com.pem
Uso na Web
O uso de certificados criptográficos na Web é o xeito máis utilizado de asegurar tanto a identidade dos servidores web, como de garantizar a seguridade da información intercambiada. Cando un cliente web intenta o acceso a un servidor que fai uso de certificados (https, normalmente baixo o porto 443) o servidor responde en primeiro lugar co seu certificado, o cliente intentará comprobar a validez do mesmo utilizando os certificados das autoridades de certificación recoñecidas para verificar a firma, o que garantiza a identidade do servidor.
Si o certificado pasa os requerimentos do cliente, a comunicación se realizará de forma cifrada garantizando a privacidade da comunicación.
Configuración de HTTPS en Apache Web Server
Precisaremos un certificado e a chave privada correspondente. Como o servidor Apache necesita acceder á chave privada, se queremos evitar ter que suministrar a password da mesma en cada inicio, podemos xerar unha chave privada sen protección:
openssl req -nodes -newkey rsa:4096 -keyout nome_chave_privada.key -out nome_certificado.csr
Tamén é posible eliminar a protección unha vez xerada a chave con:
openssl rsa -in nome_chave_privada.key -out nome_chave_privada.net.key.insecure
Unha vez firmada a solicitude de certificado .csr pola autoridade de certificación e obtido o certificado (.pem ou .crt), necesitamos ter activo o módulo ssl:
a2enmod ssl
Unha configuración típica dun sitio virtual baixo SSL sería, copiando previamente a nosa chave privada server.key e o certificado firmado server.crt en /etc/ssl/certs/:
NameVirtualHost a.b.c.d:80
<VirtualHost a.b.c.d:80>
ServerAdmin webmaster@meudominio.org
DocumentRoot /sitios/sitioSSL
ServerName ssl.midominio.org
ServerAlias midominio.org
Redirect 301 / https://ssl.midominio.org/
CustomLog /var/log/apache2/nossl_access_log combined
Errorlog /var/log/apache2/nossl_error_log
</VirtualHost>
NameVirtualHost a.b.c.d:443
<VirtualHost a.b.c.d:443>
ServerAdmin webmaster@midominio.org
DocumentRoot /sitios/sitioSSL
ServerName ssl.midominio.org
ScriptAlias /cgi-bin/ /sitios/sitioSSL/cgi-bin/
SSLEngine on
SSLCertificateFile /etc/ssl/certs/server.crt
SSLCertificateKeyFile /etc/ssl/certs/server.key
SetEnvIf User-Agent ".*MSIE.*" nokeepalive ssl-unclean-shutdown
CustomLog /var/log/apache2/ssl_request_log \
"%t %h %{SSL_PROTOCOL}x %{SSL_CIPHER}x \"%r\" %b"
CustomLog /var/log/apache2/ssl_access_log combined
Errorlog /var/log/apache2/ssl_error_log
</VirtualHost>
O primeiro VirtualHost non é máis que unha redirección de maneira que os accesos baixo http se redirixan de xeito automático ao VirtualHost baixo https.
E necesario indicar a IP (a.b.c.d) porque normalmente únicamente se soporta un único sitio virtual baixo SSL por cada IP do servidor, xa que é necesario o certificado do sitio para saber o sitio solicitado. Sen embargo, as últimas versións dos navegadores e de Apache soportan a extensión TLS Server Name Indication (SNI) que permite o uso de varios sitios virtuais distintos baxio https. Necesitaremos:
- Editar /etc/apache2/ports.conf para indicar:
<IfModule mod_ssl.c>
NameVirtualHost *:443
Listen 443
</IfModule>
<IfModule mod_gnutls.c>
NameVirtualHost *:443
Listen 443
</IfModule>
- Debemos asegurarnos que no VirtualHost por defecto e nos VirtualHosts baixo SSL está especificado <VirtualHost *:443>.
Si o cliente (navegador) non soporta as extensións SNI, podemos negarlle o acceso descomentando a liña
SSLStrictSNIVHostCheck On
ao final de /etc/apache2/mods-enabled/ssl.conf.
Certificados de Cliente
Os Certificados de Cliente permiten a identificación dun cliente por parte dun servidor web, de xeito que se lle podan otorgar privilexios de acceso especiais. Cando o sitio web precisa identificar ao cliente, lle envía unha solicitude de certificado. O cliente enviará o certificado correspondente ao sitio, e o servidor web, previa comprobación do mesmo, garantizará ou denegará o acceso.
Para configurar este comportamento no Apache, necesitaremos configurar un sitio baixo https, e indicarlle que imos requerir un certificado do cliente mediante a directiva SSLVerifyClient require. O servidor, ao recibir o certificado, realizará unha verificación da cadea de confianza ata a profundidade indicada pola directiva SSLVerifyDepth.
Con esta configuración, a Apache lle bastaría calqueira certificado válido, polo que é necesario configurar un filtro de certificados que descarte os que non sirvan a partir da súa informació, do seguinte xeito:
SSLRequire %{SSL_CLIENT_S_DN_O} eq "IES de Rodeira" and %{SSL_CLIENT_S_DN_OU} in {"Departamento de Informatica"}
Unha posible configuración para unha carpeta dun sitio Web sería:
<VirtualHost *:443>
ServerName servidor.iesrodeira.com
DocumentRoot /var/www/servidor
SSLEngine on
SSLCertificateFile /etc/ssl/private/msdn.iesrodeira.com.crt
SSLCertificateKeyFile /etc/ssl/private/msdn.iesrodeira.com.key
<FilesMatch "\.(cgi|shtml|phtml|php)$">
SSLOptions +StdEnvVars
</FilesMatch>
BrowserMatch "MSIE [2-6]" \
nokeepalive ssl-unclean-shutdown \
downgrade-1.0 force-response-1.0
# MSIE 7 and newer should be able to use keepalive
BrowserMatch "MSIE [17-9]" ssl-unclean-shutdown
<Directory /var/www/servidor/restricted>
# Restinxido mediante certificado de cliente
SSLRequireSSL
SSLVerifyClient require
SSLVerifyDepth 2
SSLRequire %{SSL_CLIENT_S_DN_O} eq "IES de Rodeira" and %{SSL_CLIENT_S_DN_OU} in {"Departamento de Informatica"}
</Directory>
</VirtualHost>
Existen múltiples directivas de xestión de certificados que permiten o uso de listas de revocación ou servidores OCSP, podes consultalas na documentación de Apache
O certificado de cliente permite o acceso únicamente aos navegadores que dispoñan dun certificado válido admitido polo servidor, pero non verifica a identidade da persoa utilizando o mesmo. Para garantizar a identidade da persoa, se debería engadir un sistema de autenticación do xeito indicado neste documento.
Nos clientes web, será necesario instalar os certificados de cliente para enviar. O firefox/mozilla acepta os certificados en formato pkcs12, que inclúen tanto o certificado como a súa chave privada, polo que será necesario exportar o certificado firmado a este formato e importalo logo ao navegador, xunto co certificado da autoridade de certificación.
openssl pkcs12 -export -clcerts -inkey chaveprivada.key -in meucert.crt -out meucert.pkcs12
Internet Explorer traballa dun modo lixeiramente distinto. Os certificados deben estar en formato DER, Polo que necesitaremos convertir a ese formato tanto o noso certificado como o certificado da autoridade de certificación:
openssl x509 -inform PEM -in meusitio.CRT -outform DER -out meusitio.CRT.der
openssl x509 -inform PEM -in RodeiraCA.CRT -outform DER -out RodeiraCA.CRT.der
Uso no E-mail
Os certificados poden ser utilizados no correo electrónico tanto para a realización de firmas (), como para o cifrado do seu contido.
Firma de Correos
Cifrado de Correos
Cifrado e Firmado de documentos
O DNIe e as tarxetas criptográficas
GnuPGP (PGP)
PGP (Pretty Good Privacy) é un sistema de cifrado de chave asimétrica ampliamente empregado para o cifrado e firma de documentos, especialmente correo electrónico. As operacións máis importantes son:
- Creación da parella de chaves
gpg --gen-key
- Listado de chaves
gpg --list-keys
- Exportación da chave pública
gpg --armor --export usuario@dominio > mypublickey.pkey
- Importación dunha chave pública para o seu uso automático
gpg --import ficheiro.pkey
O problema principal da criptografía asimétrica é determiñar ata que punto nos podemos fiar das chaves públicas que recopilamos no noso sistema.
Cifrado e Firma de E-mail
Cifrado e Firma de Documentos
gpg --output doc.gpg --encrypt --recipient arancha@nav.es doc
gpg --output doc --decrypt doc.gpg
gpg --output doc.gpg --symmetric doc
gpg --output doc.sig --sign doc
Una firma digital certifica un documento y le añade una marca de tiempo. Si posteriormente el documento fuera modificado en cualquier modo, el intento de verificar la firma fallaría. La utilidad de una firma digital es la misma que la de una firma escrita a mano, sólo que la digital tiene una resistencia a la falsificación. Por ejemplo, la distribución del código fuente de GnuPG viene firmada con el fin de que los usuarios puedan verificar que no ha habido ninguna manipulación o modificación al código fuente desde que fue archivado.
Para la creación y verificación de firmas, se utiliza el par público y privado de claves en una operación que es diferente a la de cifrado y descifrado. Se genera una firma con la clave privada del firmante. La firma se verifica por medio de la clave pública correspondiente. Por ejemplo, Javier haría uso de su propia clave privada para firmar digitalmente la entrega de su última ponencia a la Revista de Química Inorgánica. El editor asociado que la recibiera, usaría la clave pública de Javier para comprobar la firma, verificando de este modo que el envío proviene realmente de Javier, y que no ha sido modificado desde el momento en que Javier lo firmó. Una consecuencia directa del uso de firmas digitales es la dificultad en negar que fue el propio usuario quien puso la firma digital, ya que ello implicaría que su clave privada ha sido puesta en peligro.
La opción de línea de órdenes --sign se usa para generar una firma digital. El documento que se desea firmar es la entrada, y la salida es el documento firmado.
javier:~$ gpg --output doc.sig --sign doc
You need a passphrase to unlock the private key for user: "Javier (Paramo S.L.) <javier@casa.es>" 1024-bit DSA key, ID D58711B7, created 1999-09-24
Enter passphrase: El documento se comprime antes de ser firmado, y la salida es en formato binario. Con un documento con firma digital el usuario puede llevar a cabo dos acciones: comprobar sólo la firma o comprobar la firma y recuperar el documento original al mismo tiempo. Para comprobar la firma se usa la opción --verify. Para verificar la firma y extraer el documento se usa la opción --decrypt. El documento con la firma es la entrada, y el documento original recuperado es la salida.
arancha% gpg --output doc --decrypt doc.sig gpg: Signature made Fri Sep 24 12:02:38 1999 CDT using DSA key ID D58711B7 gpg: Good signature from "Javier (Paramo S.L.) <javier@casa.es>"
Servidores públicos de Chaves
Lo ideal sería que pudiéramos distribuir nuestra clave entregándosela en persona a nuestros corresponsales. Sin embargo, en la práctica las claves se distribuyen a menudo por correo electrónico o algún otro medio de comunicación electrónica. La distribución por correo electrónico es una buena práctica sólo cuando tengamos unos pocos corresponsales, e incluso si tuviéramos muchos corresponsales, podríamos usar un medio alternativo como puede ser publicar nuestra clave pública en nuestra página en internet. Pero esto es inútil si las personas que necesitan nuestra clave pública no saben dónde encontrar nuestra página.
Para solventar este problema existen los servidores de claves públicas que recolectan y distribuyen las claves públicas. Cuando un servidor recibe una clave pública, bien la añade a la base de datos o bien la fusiona con una copia de la clave. Cuando alguien requiere al servidor una clave pública, éste la busca en la base de datos y, si la encuentra, la envía a quien se la haya solicitado.
Los servidores de claves también son útiles cuando hay muchas personas que firman las claves de otras con frecuencia. Sin un servidor de claves, cuando Arancha firmara la clave de Javier, debería enviar a éste una copia de la clave firmada por ella de manera que Javier pudiera añadir la clave firmada a su anillo de claves, así como distribuirla a todos sus corresponsales. Mediante este proceso Javier y Arancha sirven a la totalidad de la comunidad construyendo lazos en forma de anillos de confianza o lo que es lo mismo, mejorando la seguridad de PGP. De todos modos esto es una molestia si se firman las claves con frecuencia.
El uso de un servidor de claves facilita este proceso. Después de firmar la clave de Javier, Arancha puede enviar la copia firmada por ella al servidor de claves. El servidor de claves añade la firma de Arancha a la copia que ya existente de la clave pública de Javier. Las personas que estén interesadas en actualizar su copia de la clave de Javier consultan al servidor por propia iniciativa para obtener la clave actualizada. Javier no necesita distribuir la clave y puede obtener las firmas en su clave requiriéndolas al servidor.
Se puede enviar una o más claves usando la opción de la línea de órdenes --send-keys. Esta opción toma uno o más especificadores de clave, y envía las claves especificadas al servidor de claves. El servidor al que se envían las claves es especificado con la opción de la línea de orden --keyserver. Paralelamente, la opción --recv-keys se usa para obtener claves desde un servidor de claves, pero la opción --recv-keys requiere el uso de un identificador de clave para poder especificar la clave deseada. En el siguiente ejemplo Javier actualiza su clave pública con nuevas firmas desde el servidor de claves certserver.pgp.com y acto seguido envía su copia de la clave pública de Arancha al mismo servidor de claves para que se actualice con las claves que él mismo pueda haber añadido.
javier:~$ gpg --keyserver certserver.pgp.com --recv-key D58711B7 gpg: requesting key D58711B7 from certserver.pgp.com ... gpg: key D58711B7: 1 new signature
gpg: Total number processed: 1 gpg: new signatures: 1 javier:~$ gpg --keyserver certserver.pgp.com --send-key arancha@nav.es gpg: success sending to 'certserver.pgp.com' (status=200) Existen varios servidores de claves en funcionamiento en todo el mundo. Los servidores más importantes están sincronizados de modo que es posible elegir un servidor de claves cercano a nosotros en Internet y usarlo de forma regular para enviar y recibir claves.