Servidores Web e Servidores de Aplicacións

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Saltar á navegación Saltar á procura

Servidores de Aplicacións

Os servidores de aplicacións proporcionan un marco de traballo integrado para a realización de aplicacións web no que o servidor se encarga de procesos comúns como a xestión do acceso ás bases de datos ou o soporte de configuracións de alta dispoñibilidade permitindo ao programador de aplicacións centrarse na lóxica da mesma.

Os servidores de aplicacións manteñen ademáis un entorno de execución de aplicación, común as peticións de todos os clientes, de xeito que é simple compartir información entre estos, e impoñen unha estructura de aplicación que fai relativamente simple a separación entre a lóxica e a presentación da aplicación.

Boxinfo info.png
Os recursos que necesita cada aplicación se indican nun ficheiro de configuración dentro da mesma, e o servidor se encarga de xestionalos e proporcionarllos cando os precise. Este ficheiro se chama en .NET web.config e en Tomcat ROOT.xml.

Os servidores de aplicacións máis empregados hoxe en día son os basados en JAVA como Apache Tomcat ou en .NET como o IIS.


Servidores Web

A misión dos servidores Web e cargar e enviarlle aos clientes os documentos solicitados. Para que o servidor dispoña de capacidade de proceso é necesario engadirlle os módulos correspondentes as tecnoloxías a empregar: SSI, CGI ou as linguaxes de scripting desexadas, como PHP.

Os servidor web máis utilizado no mundo con moita diferencia é o Apache Web Server, seguido polo Microsoft IIS.

Apache Web Server