Seguridade Perimetral

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Revisión feita o 28 de febreiro de 2014 ás 22:03 por Xavi (conversa | contribucións)
Saltar á navegación Saltar á procura

Introducción

Boxinfo info.png
A seguridade perimetral consiste na integración de diversos elementos e sistemas para a protección do perímetro dunha rede informática, a detección de tentativas de intrusión e a disuasión dos potenciais atacantes.

A seguridade perimetral precisa da configuración de distintos elementos, sendo os máis importantes os tornalumes (devasas), proxys e as ferramentas de acceso remoto seguro, como o SSH ou as VPN.

Tornalumes ou Devasas (Firewall)

Hoxe en día é común a conexión das redes locais de ordenadores a Internet. Nunha rede local moitas veces se ofrecen servicios como a transferencia de ficheiros (ftp), o servicio Web (http), servicios de acceso remoto (RDP, SSH, telnet...) ou compartición de arquivos (NFS, CIFS ... etc) que si non temos especial coidado poden quedar expostas ao acceso dende redes externas (Internet) de xeito que potencialmente poden facilitar o acceso a información restrinxida ou confidencial. Para evitar esto, a primeira medida a tomar é pechar completamente o acceso dende o exterior á rede interna da empresa, agrupando nunha zona accesible dende o exterior e aillados da rede interna os servizos que se desexen ofrecer ao exterior (DMZ, ou zona desmilitarizada).

Para a implantación de DMZ, normalmente se recurre a máquinas especialmente configuradas para filtrar o tráfico de rede, de xeito que se poda establecer qué comunicacións están permitidas e cales non. Estes dispositivos reciben o nome de firewall.

Os tornalumes poden funcionar con dúas políticas: ACEPTAR, ou DENEGAR. Nas políticas de ACEPTAR, todo o tráfico que non é prohibido explícitamente está permitido, e coas políticas de DENEGAR todo o tráfico está prohibido, excepto o permitido explícitamente.

Podemos distinguir catro tipos de firewall:

firewalls de pasarela
Funcionan para aplicacións específicas, como telnet, http ou ftp.
firewalls de capa de rede
Permiten o filtrado en base as direccións IP e portos involucrados na comunicación
firewalls de aplicación
Están deseñados para protocolos concretos, como o HTTP, permitindo filtrar peticións específicas do protocolo empregando normalmente patróns.
firewalls de escritorio
Están pensados para filtrar tráfico para un equipo de escritorio, en lugar de protexer unha rede local.

Os firewalls máis utilizados para a protección de redes son os de capa de rede, xa que teñen unha gran flexibilidade, destacando o sistema netfilter de Linux, que permite a filtraxe do tráfico da rede en base a multitude de criterios.

Boxinfo info.png
iptables é o front-end ou interface para netfilter nos sistemas Linux. Netfilter está integrado hoxe en día en multitude de dispositivos de rede como routers ou puntos de acceso WiFi.

Sistemas de Detección de Intrusos (IDS)

Ademáis da protección do acceso aos sistemas da rede mediante un firewall, é convinte configurar sistemas de xeito que se poidan detectar posibles intentos de acceso ilexítimo a tempo para tomar medidas. Estos sistemas reciben o nome de IDS (Intrusion Detection Systems) ou sistemas de detección de intrusos. A súa misión e detectar posibles intentos de ruptura da seguridade da rede e informar aos administradores, almacenado rexistros con toda a información relacionada.

Boxinfo info.png
Os modernos sistemas de detección de intrusos poden detectar posibles ataques e bloquealos de xeito automático en lugar de limitarse a emitir reportes (IDPS Intrusion Detection and Prevention Systems )

Os sistemas de detección de intrusos vixilarán o tráfico da rede (NIDS Network Intrusion Detection System) entre os distintos sistemas en busca de anomalías, dispoñendo ademáis de patróns de diversos ataques típicos na súa base de datos, que permiten a identificación concreta da ameaza en un gran número de casos. Os sistemas NID permiten a creación de regras de alerta, que se dispararán no caso de que exista algún tipo de comunicación que se axuste ao patrón. Existen empresas especializadas na creación de este tipo de reglas que normalmente pretenden detectar o ataque a vulnerabilidades coñecidas, de xeito que os IDS as poden actualizar continuamente e de xeito automático.

Ademáis, os IDS poden crear un rexistro que permite a detección de cambios significativos na configuración ou nos arquivos críticos dos sistemas (HIDS Host-based Intrusion Detection System) o que permite alertar de posibles intrusións ou instalacións de distinto malware.

Honeypots

Un honeypot é un sistema especialmente "mal" configurados de forma que reciban os intentos de intrusión dos atacantes, de modo que se poda examinar como se realizan estos ataques e tomar medidas para impedilos ou mitigalos nos sistemas de traballo real.

Antivirus e Antispan

Co xeito de evitar as infeccións dos equipos da rede e a recepción de correos non desexados é común a instalación de sistemas de filtraxe de virus e de spam a nivel de rede, ademáis da instalación dos antivirus persoais en cada un dos equipos.

Un método típico é a instalación dun filtro de correo que se encargue de analizar o correo recibido previamente ao seu envío aos clientes. Estos filtros fan uso tanto do análise do contido dos correos (mediante patróns e antivirus) como de listas negras e listas brancas.

Outro sistema de limitar o alcance do malware e o uso dun proxy donde se analiza o contido descargado antes do seu envío aos clientes da rede.

Acceso Remoto

SSH e Túneis SSH

VPN