Seguridade Perimetral

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Saltar á navegación Saltar á procura

Introducción

Boxinfo info.png
A seguridade perimetral consiste na integración de diversos elementos e sistemas para a protección do perímetro dunha rede informática, a detección de tentativas de intrusión e a disuasión dos potenciais atacantes.

A seguridade perimetral precisa da configuración de distintos elementos, sendo os máis importantes os tornalumes (devasas), proxys e as ferramentas de acceso remoto seguro, como o SSH ou as VPN.

Tornalumes ou Devasas (Firewall)

Hoxe en día é común a conexión das redes locais de ordenadores a Internet. Nunha rede local moitas veces se ofrecen servicios como a transferencia de ficheiros (ftp), o servicio Web (http), servicios de acceso remoto (RDP, SSH, telnet...) ou compartición de arquivos (NFS, CIFS ... etc) que si non temos especial coidado poden quedar expostas ao acceso dende redes externas (Internet) de xeito que potencialmente poden facilitar o acceso a información restrinxida ou confidencial. Para evitar esto, a primeira medida a tomar é