Instalación e Configuración dun Servidor PXE

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Saltar á navegación Saltar á procura

Introducción

Un Servidor PXE (Preboot eXecution Environment), permite a un equipo cliente arrancar un SO a travé da rede. Isto pode ser útil nos seguintes casos:

  • O equipo cliente non ten unidade de CD e queremos arrancar dende un CD-Live.
  • O equipo cliente non ten disco duro e queremos que colla o SO dende a rede
  • Ter diferentes utilidades, como memtest ou antivirus, preparadas para ser executadas sobre un equipo independentemente do que teña instalado.

Funcionamento

1. No equipo cliente escollemos arrancar por PXE 2. O Cliente PXE busca un servidor DHCP na rede 3. Unha vez localizado, o servidor asignalle á máquina cliente unha IP, netmask, gw 4. Mediante o protocolo TFTP o servidor envía á máquina cliente o SO 5. O cliente co que lle manda o servidor é capaz de arrancar un minisistema na RAM.

Para instalar un Servidor PXE precisamos instalar:

  • Servidor DHCP
  • Servidor TFTP