Instalación de DRBD

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Saltar á navegación Saltar á procura

Introducción

Distributed Replicated Block Device (DRBD) é un sistema de replicación distribuído similar ao RAID 1 entre dispositivos de bloques (discos, particións, volumes lóxicos...) en rede. Normalmente únicamente un nodo está activo, mentras que o outro está en modo pasivo copiando os cambios realizados no nodo activo, aínda que tamén se pode configurar un modo dual primary, no que é posible ler e escribir simultáneamente nos dous nodos, o que require sistemas de arquivos especiais como OCFS2 ou GFS2. No noso caso, configuraremos un sistema single primary no que únicamente un nodo poderá acceder ao recurso nun instante determiñado.

Creación do sistema DRBD

En primeiro lugar precisamos instalar as utilidades DRBD, xa que o resto ven de serie nos últimos núcleos Linux:

apt-get install drbd8-utils

DRBD soporta tres modos de replicación:

  • Modo A - Asíncrono. Unha vez escritos os datos no nodo principal se considera a operación finalizada.
  • Modo B - Síncrono na memoria. Se considera finalizada a operación unha vez escritos os datos no nodo principal e recibidos no nodo secundario
  • Modo C - Síncrono. Se considera finalizada a operación cando os datos se escriban nos dous nodos.

Utilizaremos o protocolo C por ser o máis seguro, aínda que probablemente co modo B obteríamos un maior rendimento con pouca perda de seguridade.

Referencias

Documentación da Páxina Oficial