Fundamentos:Exercicios:Básicos:Tarxeta de Crédito

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Revisión feita o 26 de xuño de 2014 ás 10:41 por Xavi (conversa | contribucións) (Nova páxina: "Comprobar que unha codificacion de tarxeta de credito é valida. O número dunha tarxeta compoñese de tres partes principais: Os 4 primeiros díxitos son a identificación da e...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Comprobar que unha codificacion de tarxeta de credito é valida.

O número dunha tarxeta compoñese de tres partes principais:

Os 4 primeiros díxitos son a identificación da entidade que proporciona a tarjeta. Cada banco ten un número distinto que se pode consultar en Internet.

O 5 díxito é o tipo de tarxeta. As máis importantes son:

  • 4 -Visa
  • 3 -American Expres
  • 5 -Master card

Os 10 díxitos seguintes son o número de usuario e o identifican dun xeito único.

O último díxito é o díxito de control e se obten mediante o seguinte algoritmo.

Supoñamos unha tarxeta co número 4539 4512 0398 7356:

  • Multiplicamos por dous os números das posiciones impares (4-3-4-1-0-9-7-5) deixando o resultado de cada multiplicación nun so díxito, sumando os díxitos de cada resultado:
4*2=8
3*2=6
4*2=8
1*2=2
0*2=0
9*2=18 reducimos a un so díxito 1+8=9
7*2=14 reducimos a un so díxito 1+4=5
5*2=10 reducimos a un so díxito 1+0=1
  • Sumamos os díxitos das posicións pares e os novos díxitos obtidos para as posicións impares
(dixitos das posicións pares)5+9+5+2+3+8+6+(novos díxitos das posicións impares)8+6+8+2+0+9+5+1=80
  • Si o resultado é mútiplo de 10, o número é válido.