Debian en Sony VAIO Fit 15E

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Saltar á navegación Saltar á procura

Introducción

Instalaremos Debian Jessie nun equipo Sony VAIO Fit 15E, modelo SVF1531B4E. O obxectivo final é unha partición con Windows 8.1 e Debian Jessie en arranque dual.

Características Xerais

Procesador: Intel(R) Core i7 4500U a 1,80 GHz
Gráfica:    nVidia Optimus con intel 4400HD e NVIDIA GeForce GT 740M, 1GB de RAM
RAM:        8GB DDR3
HDD:        750GB
DVD:        Super Multi
Sistema Operativo: Windows 8


Estado Inicial

O disco do Sony VAIO utiliza de fábrica un sistema de particións GPT, organizado do seguinte xeito:

  Partición de 260M do fabricante (OEM)
  Partición de 1,44GB de recuperación 
  Partición de sistema de 260MB
  Partición C: de 671GB en NTFS
  Partición de 25,46GB de recuperación

Instalación

Arrancamos o sistema e realizamos a configuración do equipo (instalación de fábrica).

Actualización do Sistema e Medio de Recuperación

Utilizaremos Windows Update e logo VAIO update para actualizar o sistema e a continuación (despois de recuperar múltiples updates e varios reinicios...) crearemos os medios de recuperación para restaurar o equipo ao seu estado de fábrica por si o desexamos con posterioridade. Para elo, pulsando o botón de ASSIST lanzamos a aplicación VAIO Care, que na opción de Ferramentas Avanzadas nos ofrece a opción de "Creación de Medios de Recuperación".

Esta opción permitirá gardar en un dispositivo externo a información necesaria para restaurar o sistema ou seu estado de fábrica.



Windows 8.1

Microsoft ofrece a actualización a Windows 8.1 a partir de Windows 8 na súa tenda de aplicacións. Iremos a tenda de Microsoft dende a pantalla principal e a instalaremos.