Introducción a GnuPrivacyGuard

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Revisión feita o 4 de marzo de 2014 ás 23:23 por Xavi (conversa | contribucións) (→‎Tips and Tricks)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Introducción

GnuPG utiliza cifrado de chave pública para garantizar que os usuarios podan comunicarse de xeito seguro. Nun sistema de chave pública, cada usuario ten unha parella de chaves consistente nunha chave privada e unha chave pública. A chave privada do usuario se manten en segredo, únicamente o seu propietario terá acceso a ela. A chave pública é de acceso público: calqueira que queira comunicarse pode acceder a ela.

GnuPG, GPG, PGP e OpenPGP

Os térmos "OpenPGP", "PGP", and "GnuPG / GPG" se utilizan comúnmente como si foran o mesmo. Pero son lixeiramente distintos:

OpenPGP
é unha proposición de estándar, sin embargo, é de uso común.
PGP e GnuPG
Son programas que implementan o estándar OpenPGP.
PGP
Son as siglas de Pretty Good Privacy, un programa que proporciona privacidade e autenticación mediante cifrado.
GnuPG
Son as siglas de Gnu Privacy Guard, outro programa que tamén proporciona privacidade e autenticación mediante cifrado.

Xerando unha Chave Privada OpenPGP

O soporte de OpenPGP nos sistemas basados en Debian está no paquete gnupg.

Existen varias aplicacións que proporcionan unha interface gráfica para GnuPG:

  • Enigmail, un plugin de OpenPGP para Mozilla Thunderbird.
  • GNU Privacy Assistant unha interface gráfica para GnuPG (GNU Privacy Guard).
  • Seahorse é unha aplicación Gnome para manexar chaves de cifrado e contrasianis, integrándose con nautilus, gedit e outras aplicacións de Gnome.
  • KGPG é un interfaz simple de KDE para GPG.
  • Kleopatra é outro interfaz de KDE para GPG integrado coa suite de información persoal KDE PIM

Todas estas aplicacións permiten a xeración e xestión de chaves OpenPGP.

Utilizando GnuPG para xerar a chave privada

Podemos xerar nosa chave privada mediante a orde:

gpg --gen-key

Aparecerá unha pantalla similar á seguinte

Please select what kind of key you want:
  (1) RSA and RSA (default)
  (2) DSA and Elgamal
  (3) DSA (sign only)
  (4) RSA (sign only)

Elexindo a opción (1) poderemos firmar e cifrar mensaxes. A continuación nos preguntará polo tamaño de chave. O valor de 2048 que toma por defecto é unha boa elección.

O periodo de validez da chave toma por defecto o valor de validez perpetua. Si eleximos esta opción, debemos revocar a chave cando xa non a precisemos.

A pantalla seguinte nos solicitará a información necesaria para construír a chave:

 You need a user ID to identify your key; the software constructs the user ID
 from the Real Name, Comment and Email Address in this form:
   "Heinrich Heine (Der Dichter) <heinrichh@duesseldorf.de>"
 Real name: Nome do Usuario
 Email address: direcciondousuario@dominio.net
 Comment: Comentario
 You selected this USER-ID:
     "Nome do Usuario (Comentario) <direcciondousuario@dominio.net>"

Debemos asegurarnos que o nome da chave (Real name) coincide co nome real, a poder ser tal e como aparece nas identificacións oficiais como o DNI. É posible engadir máis direccións de correo posteriormente.

No momento de crear a chave, se preguntará pola password de protección. O sistema combinará información aleatoria do sistema coa password para xerar a chave privada de usuario.

Boxinfo info.png
Si se olvida a password da chave privada, ésta se volverá inútil. Debemos ter especial coidado en non olvidala. Poderemos cambiar a password da chave privada mediante o comando gpg --edit-key userid

Unha vez xerada a chave privada observaremos unha pantalla similar á seguinte:

 gpg: key D8FC66D2 marked as ultimately trusted
 public and secret key created and signed.
 pub   1024D/D8FC66D2 2005-09-08
       Key fingerprint = 95BD 8377 2644 DD4F 28B5  2C37 0F6E 4CA6 D8FC 66D2
 uid                  Nome do Usuario (Comentario) <direcciondousuario@dominio.net>
 sub   2048g/389AA63E 2005-09-08

O KEY-ID da chave xerada será a que se observa despois de pub 1024D/, neste caso D8FC66D2. Si queremos que as aplicacións que utilizan GPG fagan uso automáticamente desta chave podemos exportar o seu ID na variable de entorno GPGKEY incluíndo en .bashrc export GPGKEY=D8FC66D2.

Si queremos que este cambio faga efecto antes do seguinte inicio de sesión, podemos facer:

  killall -q gpg-agent
  eval $(gpg-agent --daemon)
  source ~/.bashrc

Cifrado

Si no momento de crear a chave privada, xeramos unha chave únicamente de firma como RSA (sign only) podemos engadirlle capacidade de cifrado:

gpg --cert-digest-algo=SHA256 --edit-key $GPGKEY

Sendo $GPGKEY o KEY-ID da chave. Veremos unha pantalla co seguinte:

 Secret key is available.
 pub   2048R/D8FC66D2  created: 2005-09-08  expires: never       usage: SC  
                    trust: ultimate      validity: ultimate
 [ultimate] (1). Nome do Usuario (Comentario) <direcciondousuario@dominio.net>
 Command> 

Introduciremos o comando addkey, se nos solicitará a password da nosa chave privada e veremos algo como esto:

 Please select what kind of key you want:
   (2) DSA (sign only)
   (4) Elgamal (encrypt only)
   (5) RSA (sign only)
   (6) RSA (encrypt only)

A mellor opción á a 6 cun tamaño de chave de 2048. Tamén se preguntará, de modo similar á creación da chave privada, polo tempo de validez. Veremos unha pantalla similar a seguinte:

 pub   2048R/D8FC66D2  created: 2005-09-08  expires: never       usage: SC  
                    trust: ultimate      validity: ultimate
 sub   2048R/389AA63E created: 2005-09-08  expires: never       usage: E   
 [ultimate] (1). Nome do Usuario (Comentario) <direcciondousuario@dominio.net>
 Command> 

e Introduciremos os comandos save e quit.

Creación da Chave de Revocación

Si a chave privada se vera comprometida (alguén consigue acceso a ela) ou xa non queremos que continúe sendo válida, necesitaremos revocar a súa validez. Para eso necesitaremos un certificado de revocación. Se recomenda crear un certificado de revocación no momento de xerar a chave privada e mantelo en lugar seguro. Podemos xerar un certificado de revocación mediante:

gpg --output revoke.asc --gen-revoke $GPGKEY

Este certificado pode imprimirse ou almacenarse nun ficheiro.

Boxinfo info.png
Calqueira que teña acceso ao certificado de revocación pode cancelar a validez da chave privada

Creación dunha versión ASCII da chave pública

Existen varios sitios que permiten pegar a versión ASCII dunha chave pública para importala. E tamén de uso común incluír a chave pública como parte dunha mensaxe de e-mail en forma de un attach ASCII. Para obter a versión ASCII da nosa chave pública utilizaremos o seguinte comando:

gpg --output mykey.asc --export -a $GPGKEY

Subir a chave pública a un servidor público de chaves

Si queremos que calqueira poda acceder a nosa chave pública cando a necesite, a mellor opción e o uso dun servidor de chave pública. Existen numerosos servidores públicos de chaves PGP e a maior parte deles ofrecen unha interface web na que podemos pegar a versión ASCII da nosa chave. Unha vez que subamos a chave a un servidor de chaves, se propagará a outros de xeito que a maior parte dos servidores terán unha versión da mesma. Se pode acelerar a propagación enviando a chave a varios servidores.

Por exemplo, para enviar a nosa chave ao servidor de chaves público de Ubuntu, faríamos:

gpg --send-keys --keyserver keyserver.ubuntu.com $GPGKEY

Ou ben pegando a versión ASCII da chave en http://keyserver.ubuntu.com

Utilizando OpenPGP co E-mail

As chaves OpenPGP poden utilizarse para firmar, cifrar e descifrar mensaxes de e-mail, ofrecendo gran seguridade. Moitos clientes de correo electrónico ofrecen soporte de cifrado/descifrado e firma/verificación mediante OpenPGP.

Firmado de Chaves

O firmado de chaves pretende crar unha rede de confianza. Firmando a chave pública de outra persoa, estamos afirmando que estamos completamente seguros que unha persoa en concreto utiliza determinada parella de chaves, que é quen dice ser e que dispón da chave privada correspondente. Deste xeito se pode crear unha completa rede de confianza na que un confía en outro.

Para o firmado de chaves normalmente se necesita unha identificación (como o DNI) e os oito últimos díxitos da marca da chave OpenGPG obtida con:

gpg --fingerprint $GPGKEY

Como a firma significa que se verificou que determiñada chave pública pertence á persoa que dispon da correspondente chave privada, se deberían seguir as seguintes normas a hora de firmar:

Antes do Proceso de Firma

  1. O firmado sempre se realiza despois dun encontro persoal co propietario da chave
  2. Neste encontro se interambian as marcas das chaves OpenPGP e se verifican os documentos de identidade. As marcas se crean normalmente mediante scripts como gpg-key2ps do paquete signing-party'.
  3. Debemos comprobar que o nome da chave corresponde co nome do documento de identidade, de xeito que a persoa é quen dice ser.

Despois do Encontro

Dispoñeremos da información da chave pública dos outros participantes en forma impresa. Exemplos podrían ser E4758D1D, C27659A2, e 09026E7B. Firmaremos estas chaves, e todos eles firmarán a nosa (01234567) .Debemos:

1.- recuperar as chaves
 gpg --recv-keys E4758D1D C27659A2 09026E7B
2.- Firmar as chaves
 * gpg --sign-key E4758D1D
 * gpg --sign-key C27659A2
 * gpg --sign-key 09026E7B
3.- Exportar as chaves
 * gpg --armor --export E4758D1D --output E4758D1D.signed-by.01234567.asc
 * gpg --armor --export C27659A2 --output C27659A2.signed-by.01234567.asc
 * gpg --armor --export 09026E7B --output 09026E7B.signed-by.01234567.asc
4.- Enviarlle un correo aos usuarios das chaves (a dirección do correo está no ID de usuario da chave) engadindo o ficheiro de firma, ou/e enviar a chave firmada oa servidor de chaves:
 * gpg --send-keys --keyserver keyserver.ubuntu.com E4758D1D
5.- Cando recibamos a nosa chave firmada, importala ao noso anel de chaves
 * gpg --import 01234567.signed-by.E4758D1D.asc
 * gpg --import 01234567.signed-by.C27659A2.asc
 * gpg --import 01234567.signed-by.09026E7B.asc
6.- Podemos ver as firmas da nosa chave
 * gpg --list-sigs 01234567
7.- Enviamos a nosa chave ao servidor de chaves.
 * gpg --send-keys 01234567

Agora xa formamos parte dunha rede de confianza ou ampliamos unha existente.

Backing up and restoring your key pair

Why should you back up your key pair? If you lose your key pair:

* Any files encrypted with the lost key pair will be unrecoverable. 
* You will not be able to decrypt mails sent to you.
 * Decrypting emails sent to you requires your private key, this key is not stored on the keyservers.

If you lose your keypair you should revoke your key. This cannot be done without a revocation key.


Copia de Seguridade das Chaves

Copia

   gpg --list-keys
   gpg -ao _something_-public.key --export key_id
   gpg --list-secret-keys
   gpg -ao _something_-private.key --export-secret-keys key_id

Restauración

   gpg --import _something_-public.key
   gpg --import _something_-private.key

Revocación de Chaves

A revocación de chaves indicará aos demáis que a chave xa non é fiable. Para revocar unha chave é necesaria unha chave de revocación.

gpg --gen-revoke
gpg --import revoke.asc
gpg --keyserver keyserver.ubuntu.com --send-key 6382285E



Este documento é unha traducción e adaptación da documentación de Ubuntu con licencia Creative Commons