Kerberos+LDAP+NFSv4: Diferenzas entre revisións

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira
Saltar á navegación Saltar á procura
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:

[[image:Boxinfo_info.png]] A ver esta información que tal

Es un rollo, pero a ver que tal sale...

[[image:Boxinfo_info.png]] A ver esta información que tal

Es un rollo, pero a ver que tal sale...

{{mbox | text = Kerberos permite evitar o envío de contrasinais sen cifrar pola rede, centralizar a xestión de usuarios e contrasinais, e almacenar as credenciais en unha única máquina.}}
{{boxinfo | info | Kerberos permite evitar o envío de contrasinais sen cifrar pola rede, centralizar a xestión de usuarios e contrasinais, e almacenar as credenciais en unha única máquina.}}

O funcionamento de Kerberos emprega 2 entidades (servidores), O Servidor de Autenticación (SA) e o Servidor de Tickets de Acceso (TGS), co obxecto de asegurar o acceso a un servicio ofrecido por un servidor Servidor (SS) mediante o seguinte intercambio de mensaxes:
O funcionamento de Kerberos emprega 2 entidades (servidores), O Servidor de Autenticación (SA) e o Servidor de Tickets de Acceso (TGS), co obxecto de asegurar o acceso a un servicio ofrecido por un servidor Servidor (SS) mediante o seguinte intercambio de mensaxes:

Revisión como estaba o 29 de setembro de 2013 ás 15:46

Kerberos

Kerberos é un protocolo de autenticación que permite a ordenadores nunha rede insegura identificarse mutuamente de xeito seguro. Tanto os clientes coma o servidor verificarán a identidade un do outro. Kerberos básase en criptografía de chave simétrica e precisa dun terceiro de confianza, ainda que existen extensións que permiten o uso de criptografía de chave asimétrica. Kerberos establece tamén unha duración das autorizacións, de xeito que únicamente é necesario autenticarse unha vez ata que caduque a concesión.

Boxinfo info.png A ver esta información que tal

Es un rollo, pero a ver que tal sale...
Boxinfo info.png
info

O funcionamento de Kerberos emprega 2 entidades (servidores), O Servidor de Autenticación (SA) e o Servidor de Tickets de Acceso (TGS), co obxecto de asegurar o acceso a un servicio ofrecido por un servidor Servidor (SS) mediante o seguinte intercambio de mensaxes: 1. O usuario introduce no cliente o seu usuario e contrasinal 2. O cliente transforma o contrasinal con cifrado de un so sentido, creando a chave segreda do cliente. 3. O cliente envía unha mensaxe en claro ao SA solicitando servicio para o usuario. 4. O SA verifica que o usuario está na súa base de datos (obtendo a súa contrasinal da BBDD e xerando a chave segreda do cliente). Si o está, envía as seguintes mensaxes ao cliente: Mensaxe A: Crea unha mensaxe cifrada coa chave segreda do cliente, chamada Client/TGS Session Key Mensaxe B: Crea co contrasinal do TGS sacada da BBDD unha mensaxe cifrada que conten: ID de cliente, dirección IP do cliente, periodo de validez do ticket, e o Client/TGS Session Key, chamada Ticket Granting Ticket (TGT). 5. O cliente descifra a Client/TGS Session Key, que se utilizará para a comunicación co TGS. 6. Cando o cliente precise un servicio, envía as seguintes mensaxes ao TGS: Mensaxe C: Composta polo TGT e a ID do servicio solicitado. (Debemos recordar que o cliente non ten acceso ao TGT por estar cifrado coa chave do TGS). Mensaxe D: Composta polo ID do cliente e unha marca de tempo, e cifrado coa Client/TGS Session Key obtida da mensaxe A, chamada Autenticador. 7. O TGS descifra a mensaxe D (Autenticador) utilizando a Client/TGS Session Key obtida do TGT da mensaxe C, e envía ao cliente: Mensaxe E: Composta polo ID de cliente, IP do cliente, periodo de validez e unha chave de sesión xenerada para a comunicación entre Cliente e Servidor (Client/Server Session Key), todo elo cifrado coa chave segreda do servicio, chamada Client-To-Server Ticket. Mensaxe F: Client/Server Session Key, cifrada co Client/TGS session Key. 8. Unha vez recibidas estas mensaxes, o cliente xa dispón da información necesaria para acceder ao servizo autenticándose no SS enviando as seguintes mensaxes: A Mensaxe E recibida do TGS. Mensaxe G: Composta polo ID do cliente e unha marca de tempo cifrada co Client/Server Session Key, obtida da Mensaxe F. 9. O Proveedor do servicio (SS) descifrará a Mensaxe E utilizando a súa propia chave segreda (coa que descifrará a Mensaxe E, e polo tanto tamén a Mensaxe F) e respostará ao cliente para confirmar a súa autenticidade e a súa disposición a ofrecer o servizo: Mensaxe H: A marca de tempo obtida da Mensaxe G+1, cifrada co Client/Server Session Key 10. O cliente descifra a confirmación e verifica a marca de tempo, si todo é correcto, poderá confiar no servidor e poderá comenzar o uso do servizo. 11. O Servidor proporciona o servicio ao cliente.

LDAP

NFSv4