Rede do IES de Rodeira: Diferenzas entre revisións
(→webdev) |
|||
Liña 102: | Liña 102: | ||
=== webdev === |
=== webdev === |
||
==== Containers LXC ==== |
|||
=== radagast === |
=== radagast === |
||
=== saruman === |
=== saruman === |
Revisión como estaba o 12 de febreiro de 2022 ás 14:50
Introducción
A estrutura de comunicación informática do IES de Rodeira está dividida en distintas redes. A principal división é entre as redes dos ciclos, que utilizan unha liña de fibra para a súa conexión con internet e a rede do centro, que sae a través da infraestrutura de rede da Xunta de Galiza. As dúas redes están desconectadas entre sí de xeito que físicamente non é posible acceder dende a rede dos ciclos á rede do centro.
As redes dos ciclos están divididas a súa vez entre a rede dos ciclos de informática, a rede dos ciclos de electrónica e a rede dos ciclos de administrativo que saen hacia internet a través dun proxy que conecta coa rede de saída a internet
A rede do centro a súa vez está dividida (xestionado pola xunta) en dúas redes separadas por VLAN. A rede de docencia e a rede de administración, sen acceso entre elas.
O resumo das redes é o seguinte:
- Rede do centro: 10.65.24.0/23
- Redes dos Ciclos: - Informática: 172.20.0.0/24 - Electrónica: 172.16.0.0/24 - Administrativo: 172.17.0.0/24
- Rede de Internet: 192.168.1.0/24
- Rede de Virtualización: 192.168.2.0/24 (interconexión entre os servidores de virtualización)
- Rede de Hardware: 192.168.0.0/24 (acceso ao hardware de rede (switches) )
As distintas redes están organizadas en VLAN de xeito que a separación sexa completa. Como queremos ofrecer servizos virtualizados á rede de docencia, os servidores de virtualización terán acceso físico á rede do centro (VLAN 6), aínda que non terán configurada ningunha IP.
Polo tanto, os servidores de virtualización terán acceso físico ás seguintes redes:
- VLAN por defecto (default, ou 1): Rede do hardware. A través desta rede é posible comunicar os servidores de virtualización co hardware de rede (switches físicos). Se utilizará a rede 192.168.0.0/24
- VLAN 10: Rede de virtualización. Os servidores de virtualización se comunicarán entre eles a través desta VLAN usando a rede 192.168.2.0/24
- VLAN 2: Rede do ciclo de Electrónica. Os equipos da rede de electrónica utilizarán rangos de IP da dirección de rede 172.16.0.0/16
- VLAN 3: Rede do ciclo de Administrativo. Os equipos da rede de administrativo utilizarán rangos de IP da dirección de rede 172.17.0.0/16
- VLAN 4: Rede do ciclo de Informática. Os equipos da rede de informática utilizarán rangos de IP da dirección de rede 172.20.0.0/16
- VLAN 5: Actualmente non está en uso. Nesta rede se situarían os puntos de acceso inalámbrico públicos
- VLAN 6: Rede do centro, VLAN de docencia. Nesta rede se situarían os equipos da rede de docencia do centro (aulas en xeral e equipamento común do profesorado). Obteñen a súa IP mediante DHCP no rango 10.65.24.0/23
- VLAN 9: Rede de Internet. Esta é a rede con acceso directo ao router de fibra do proveedor de servizos e nela estarán situados os servizos da DMZ. O rango de IP corresponde coa rede 192.168.1.0/24, sendo o router de fibra o equipo 172.20.1.1/24.
Para o acceso a internet das redes de informática, electrónica e administrativo se utilizará unha máquina actuando de proxy con tarxetas de rede nas VLAN 2,3,4 e 9 co proxy squid instalado e o interfaz web de acceso websqusr.
Servidores de Virtualización
Todos os servidores de virtualización xestionan a rede mediante Openvswitch creando as seguintes pontes:
- gateway: Serve como conexión a internet. Conecta cun contedor LXC (rt-internet-xxxx) que terá conexión con internet
- rodeira: Serve como conexión á rede de Docencia do centro. Conecta cun contedor LXC (rt-docencia-xxxx) que estará conectado coa rede do centro
- asir: Serve como conexión á rede dos ciclos de informática. Conecta cun contedor LXC (rt-asir-xxxx) que estará conectado coa rede dos ciclos de informática
- lan: E a ponte que serve para as conexión físicas con todas as VLAN. Aquí estará en bonding as tarxetas de rede físicas do servidor
O bridge lan ten as interfaces físicas do servidor de virtualización en bonding (LACP) e levará todas as VLAN da rede de rodeira (trunk das vlan 2,3,4,5,6,9 e 10). Por aquí chegarán as conexións as distintas máquinas virtuais hospedadas no Host. As máquinas virtuais terán tarxetas de rede que se colocarán na VLAN apropiada no bridge lan.
Para permitir o acceso dende as distintas redes aos servidores de virtualización se proporciona un acceso indirecto utilizando 3 contedores intermedios LXC que se executan nos propios servidores:
- rt-internet: Contedor Firewall-LXC. E o equipo accesible dende internet mediante SSH, e permite acceder logo ao servidor de virtualización ou as máquinas virtuais situadas na DMZ
- rt-asir: Contedor Firewall-LXC. É o equipo que separa o servidor de virtualización da rede de informática. Permite o acceso indirecto dende a rede de informática ao servidor de virtualización e a servizos presentes en oturas redes.
- rt-docencia: Contedor Firewall-LXC. E o equipo que separa o servidor de virtualización da rede de rodeira (docencia). Permite acceder dende o servidor de virtualización aos equipos da rede de docencia e acceder a servizos situados en outras redes.
Gondor
Descricion do Hardware
Espazo de Disco
Configuración da Rede
Interface | Tipo | Ponte OVS | VLAN | Bond | IP | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|
enp4s0 | Físico | lan | trunk | bond0 | - | Interface LACP |
enp3s0f0 | Físico | lan | trunk | bond0 | - | Interface LACP |
enp3s0f1 | Físico | lan | trunk | bond0 | - | Interface LACP |
enp2s0 | Físico | - | - | - | 192.168.0.3/24 | Enlace coa rede do hardware de rede (switches), permite conectarse e xestionar os switches físicos |
internet@eth-inet | virtual | - | - | - | 192.168.254.1/24 | (veth pair) Conexión co contedor LXC que está conectado a rede de saída a internet |
eth-inet@internet | virtual | gateway | - | - | - | (veth pair) Parella de "internet", este extremo é o que vai insertado no bridge "gateway" |
docencia@eth-doc | virtual | - | - | - | 192.168.253.1/24 | (veth pair) Conexión co contedor LXC que está conectado a rede do centro (docencia) |
eth-doct@docencia | virtual | rodeira | - | - | - | (veth pair) Parella de "docencia", este extremo é o que vai insertado no bridge "rodeira" |
informatica@eth-info | virtual | - | - | - | 192.168.252.1/24 | (veth pair) Conexión co contedor LXC que está conectado a rede do ciclo de informática |
eth-info@informatica | virtual | asir | - | - | - | (veth pair) Parella de "informática", este extremo é o que vai insertado no bridge "asir" |
vservers@eth-vservers | virtual | - | - | - | 192.168.2.1/24 | (veth pair) Conexión coa rede de interconexión dos servidores de virtualización. Permite a comunicación entre os distintos servidores. |
eth-vservers@vservers | virtual | lan | 10 | - | - | (veth pair) Parella de "vservers", este extremo é o que vai insertado no bridge "lan" na VLAN 10 |