U.T.4. Intercambio de Información: XML e SOAP.
De ASIRodeira
Índice |
Introducción ó XML
Definicións de Documentos: DTD e XML Schema
Transformacións XML: XSLT
Introducción
XSLT (XSL Transformations) é un estándar do W3C para transformar documentos XML noutros documentos. A transformación faise mediante unha folla de estilo XSL que conten as regras para xerar o documento final.
Este modo de traballo permite separar completamente os datos e a presentación dos mesmos nas aplicacións web, xa que é posible ter os datos en formato XML e aplicarlles transformacións XSLT mediante o deseño de follas XSL que son as que realmente se encargarían da presentación dos datos ó usuario.
Incluso sería posible deseñar follas XSL que transformen formularios creados con ferramentas visuais e almacenados en XML (por exemplo formularios glade) en páxinas en HTML.



