M740avplayer: Interface de xestión de grabacións do sistema de TDT Siemens Gigaset M740AV

De ASIRodeira

Índice

Introducción

O Siemens Gigaset M740AV

Siemens Gigaset M740AV / M750T
Siemens Gigaset M740AV / M750T

O Siemens Gigaset M740AV é un aparato que permite sintonizar a TDT, pero en realidade é moito máis: Pode ser un verdadeiro equipo multimedia. As súas características máis salientables son:

  • Dispon de 2 portos USB nos que se pode incorporar un disco fixo para gravar a TDT
  • 2 Euroconectores para conexión coa TV e outro equipo como un DVD.
  • Saída de Audio Dixital (SPDIF) e analóxico RCA
  • Dispon de unha tarxeta Ethernet para conectar o equipo a rede local/PC doméstico, o que lle permite entre outras cousas acceder a unidades compartidas, reproducir o seu contido e efectuar grabacións.
  • Ten 2 sintonizadores TDT, o que permite ver un canal mentras se grava outro, visionar dous canais a un mismo tempo vendo unha miniatura dun deles (PIP) ou gravar dous programas ó mesmo tempo mentras se ve unha grabación anterior
  • Soporta MPEG-2 (VCD, SVCD), MP3, JPG, GIF, BMP

Existen dous aparellos con nomes distintos que en realidade son o mesmo con distinto firmware: o M740AV e o M750T. A diferencia fundamental está en que no M750T se ofrece unha guía de programación que facilita a gravación, xa que revisa continuamente os horarios de emisión, mentras que no M740AV depéndese da EPG (Electronic Programming Guide) que ofrecen as cadeas. A empresa encargada de suminstrar a guía para o M750T (InOut) tamén vende a actualización de firmware para o M740AV, sin embargo existen métodos alternativos de actualización.

O software encargado de manexar o M740AV está baseado en Linux, o que permite facer importantes modificacións que poden convertir este dispositivo nun centro multimedia, nun dispositivo de almacenamento de rede, ... etc.

Pódese atopar o M740AV por uns 99€ sen disco fixo nos grandes almacens Carrefour.

Os Firmwares

Que o firmware do Gigaset esté baseado en Linux é unha gran ventaxa. Permite que se podan realizar modificacións o firmware orixinal (xa que parte de él está sometido á GPL) e incluso sustituir o firmware por outro. O Siemens é en realidade un ordenador de prestacións limitadas (non ten potencia, por exemplo para decodificar DivX), pero apreciables, xa que dispón de 64Mb de Ram e un procesador MIPS a 167Mhz o que lle permite executar con soltura un entorno Linux de consola con todas as súas posibilidades.

Os firmwares por defecto (tanto os suministrados por InOut, orixinais de Carrefour ou os obtidos da páxina de Siemens) ofrecen as prestacións mínimas para ter un completo vídeo dixital, pero existen firmwares que ofrecen máis prestacións como acceso ó gigaset mediante telnet, ssh e ftp, compartición con samba e NFS, servidor web para grabacións ... etc.

As posibilidades máis interesantes son:

  • Firmwares "lemmi"
  • Firmwares "SIESTA" e "LCK"
  • VDR

Que ofrecen moitas características, incluindo o convertir o Gigaset nun "uPnP Media Renderer" que pode reproducir "Streams" de audio e vídeo suministrados dende outras fontes. Esto permitiría por exemplo utilizar un ordenador para decodificar un vídeo DivX e reproducilo no televisor a través do Gigaset.

Enlaces Útiles

  • Páxina española sobre o Gigaset, dos autores dos firmwares e utilidades SIESTA e LCK
  • Páxina alemana sobre o Gigaset, autores dos firmwares lemmi e VDR
  • Páxina oficial de Siemens
  • Páxina de Sofware GPL de Siemens

Descripción do Proxecto

Se dispoñemos dun Gigaset M740AV / M750T cun firmware que permita o acceso o disco mediante ftp é posible a reproducción das gravacións do gigaset nun PC, tanto das xa realizadas como das gravacións en curso co "timeshift". Tamén é posible a descarga e recodificación das grabacións noutros formatos, como divX. Ese é o obxetivo desta aplicación. Mediante este programa será posible reproducir e/ou recodificar as gravacións do Gigaset, ou ver os programas que se están a gravar ou vendose na televisión co timeshift activo.

Instalación

Requisitos

Configuración Xeral

Idiomas

Desinstalación

Traballando con m740avplayer

Lista de Cambios

Por Facer

Erros Coñecidos

Descargas

Versión 0.6.1 Beta

Lista de Correo

Pantallas de Mostra

M740AVplayer - Configuración
M740AVplayer - Configuración
M740AVplayer - Principal
M740AVplayer - Principal
M740AVplayer - Codificación
M740AVplayer - Codificación

Páxina de Desenvolvemento da Aplicación

Ferramentas persoais