Ferramentas Ofimáticas Web

De Wiki do Ciclo ASIR do IES de Rodeira

Índice

Introducción ao Cloud Computing

"Cloud computing" é unha expresión para describir diversos conceptos que utilizan unha rede de ordenadores comunicados en rede. Todos estos conceptos se refiren a servizos que se ofrecen dende a rede para ser consumidos por parte dos clientes, en particular:

  • IaaS (Infraestructure As A Service): Os proveedores de IaaS ofrecen infraestructura computacional (ben física ou virtual). Os clientes instalarán o sistema operativo e o software da súa elección sobre esa infraestructura. Habitualmente os proveedores IaaS ofrencen plantillas preconfiguradas de sistemas.
  • PaaS (Platform As A Service): Os proveedores ofrecen sistemas preconfigurados para obxectivos concretos, como pode ser un entorno LAMP.
  • SaaS (Software As A Service): Os proveedores de SaaS ofrecen aos seus clientes acceso remoto a aplicacións. Un exemplo son as aplicacións ofimáticas via Web como Office 365,FengOffice e google Docs ou plataformas como Scribd, FengOffice ou google Docs.

Outro tipo de servizos de cloud computing poden ser os servizos de almacenamento (Drive, SkyDrive, DropBox), os repositorios de control de versións como GitHub ou SourceForge, servizos de localización e navegación como os ofrecidos por GoogleMaps, de control de tempos e actividades como GoogleCalendar ou simplemente os servizos de webmail.

Vantaxes

Entre as vantaxes dos servizos de Cloud Computing podemos destacar:

  • Precio: A empresa non necesitará preocuparse da compra e mantemento do equipamento informático, nin da xestión das aplicacións. Eso redunda nun coste de explotación máis baixo.
  • Accesibilidade: Todos os servizos son fácilmente accesibles desde calqueira posto ou dispositivo con conexión á Rede.

Inconvintes

Os maiores inconvintes son:

  • Dependecia: A maior parte dos servizos ofrecidos non utilizan protocolos estándar, polo que unha falla na empresa proveedora, ou incluso a súa desaparición pode provocar perda de información. Asi mesmo, a empresa proveedora poderá establecer as condicións do servizo que considere oportunas en calqueira momento.
  • Privacidade: Os documentos e ficheiros que se empregan no servizo, normalmente se aloxarán en sistemas remotos onde non temos control sobre o acceso aos mesmo. En certo sentido, debemos considerar calqueira documento que utilicemos mediante servizos de "Cloud Computing" como "públicos", a non ser que utilicemos cifrado (cando é posible).
Boxinfo info.png
Probablemente a mellor solución é que a empresa ofreza os seus propios servizos SaaS dende servidores propios ou dende un proveedor de IaaS, onde se poden utilizar diversas técnicas criptográficas para protexer a información, e que permiten a importación e exportación da instalación realizada

Ferramentas Ofimáticas Web

Mediante o Cloud Computing se ofrecen hoxe en día ferramentas de gran utilidade na ofimática das empresas. Estas utilidades podemos clasificalas en tres grandes grupos: Servizos de Almacenamento, Servicios de Edición e Colaboración de documentos e Servicios de Control de versións.

http://aws.amazon.com/es/free/ http://www.windowsazure.com/en-us/pricing/free-trial/ https://www.profitbricks.com/trial http://www.softlayer.com/info/special-free-cloud http://cms.cloudsigma.com/es/precios/tablas-de-precios


Almacenamento

SkyDrive, DropBox, Drive, Carbonite, MozyHome

Edición de Documentos e Colaboración

Google Docs, Zoho, openxchange, Office365

Xestores de Versións

SVN (Subversion), Git, Trac