Desenvolvemento:Exercicios:Xestor de Descargas
De ASIRodeira
Escribir un programa dotado de GUI con glade que permita descargar arquivos de internet lanzando en segundo plano procesos con wget. Para facer esto, o programa debe solicitar o servidor e o arquivo a descargar, lanzar nun proceso paralelo o wget e mostrar a descarga nunha lista. Cando a descarga finalice, o ficheiro descargado debe aparecer nunha lista de histórico de descargas. En calquera momento debe ser posible parar unha descarga en curso.



