Configuracion de Portátil ASUS F3ESeries
De ASIRodeira
Índice
|
OBXECTIVOS
O obxectivo deste artigo e a descripción dos pasos dados na configuración dun portátil ASUS F3ESeries con Windows Vista Bussiness de fábrica para rematar cun sistema dual Vista+Debian Lenny
O HARDWARE
- Procesador: Intel Core 2 Duo T7100 1.8Mhz
- RAM: 2Gb
- HD: ST9160821AS ATA 160Gb
- Tarxeta Gráfica: Intel GMA X3100 Gfx (Chipset i965)
- Ethernet: Attansic L1 Gigabit ethernet
- Wireless: Intel WiFi Link 4965AGN
- Bluetooth
- WebCam: Chicony UVC 1.3 MPixels
- Modem: Motorola SM56 Speakerphone
- Lector Dactilar: AuthenTec Inc. AES1610
- Son: (Realtek) Intel HD Audio 82801H High Definition Audio
CONFIGURACIÓN DE FÁBRICA
O Equipo ven instalado con Windows Vista Bussiness coa seguinte configuración de disco:
- Unha partición de restauración primaria de 6,84Gb
- Unha partición NTFS con Windows Vista Bussiness (unidade C:) de 74,5 Gb
- Unha partición extendida NTFS valeira (unidade D:) de 67,6Gb
ACEPTACIÓN DE WINDOWS VISTA E PREPARACIÓN DA INSTALACIÓN
No primeiro arranque o equipo se autoconfigura, amosando logo dun bo rato a licencia de Windows Vista que debemos aceptar. Unha vez feito esto, continúa a autoconfiguración pedindo un usuario que será administrador do sistema e logo doutro bo rato aparece o escritorio de Vista, con aero funcionando e as diversas aplicacións autoconfigurándose. Como primeira medida, evito configurar nada (de momento non me interesa o uso de vista) e me limito a crear un usuario para administrador do sistema e quitarlle permisos o usuario creado na configuración. Unha vez feito esto procedín a descarga dunha imaxe de Debian Lenny - netinst e a súa gravación en CD, para o que tiven que aceptar a licencia do Nero suministrado co equipo. A continuación preparo as particións para debian lenny, sendo IMPRESCINDIBEL utilizar a ferramenta de particionado que se atopa en Panel de Control > Herramientas Administrativas > Configuración del Sistema > Administración de Equipos > Almacenamiento > Administrador de Discos. A disposición elexida é a seguinte:
- Reducimos a partición do Windows Vista (C:) en 20Gb e eliminamos a partición extendida (D:) co que dispoñemos de:
- 6,84Gb : Partición de Restauración.
- 54,52Gb : Partición de Windows Vista.
- 87,69: Espacio non asignado. O repartiremos para o GNU/Debian do seguinte xeito:
- 2Gb de Swap para poder facer a suspensión.
- 25Gb para /home.
- 50Gb para o resto.
INSTALACIÓN DE DEBIAN LENNY
Para iniciar a instalación basta con insertar o CD de Debian/Lenny netinst, e executarase automáticamente un instalador gráfico dende Windows Vista. Sen embargo, eu o fago ó xeito tradicional:
- Reinicio do equipo e F2 para BIOS setup
- Poñer o DVD como arranque primario
- Insertar CD de Debian/Lenny netinst
- Reinicio.
A partir de ahí se farán as particións no espacio libre como se indicou anteriormente, configurarase a rede e os repositorios de software, se lle di que soamente instale o entorno de escritorio, sistema básico e utilidades de portátil..... e a esperar.
Estado despois da instalación
Unha vez arrancado o gnome por primeira vez o estado do sistema é o seguinte:
- O menú do grub detecta 3 sistemas: Ollo co primeiro que é a partición de recuperación
- Son: Correcto, sen embargo é necesario instalar libesd-alsa0: apt-get install libesd-alsa0
- Ethernet: Correcto
- Wireless: NON FUNCIONA
- Bluethooth: NON FUNCIONA
- Aceleracion 3D: NON
- Touchpad: Funciona, pero a medias. Non está habilitado en xorg.conf
- Lector Dactilar: NON FUNCIONA
- WebCam: NON FUNCIONA
- Modem: NON FUNCIONA
- Lector de Tarxetas: Correcto
- Firewire: Correcto
- Escalado de Frecuencia: Correcto
- Teclas de Función: NON FUNCIONAN
- Hibernar: Correcto
- Suspender: Correcto (s2ram, s2disk, s2both), pero é necesario forzar a suspensión a ram.
- Escalado de Velocidade: Correcto. (cpufreq-info, cpufreq-set e escribindo en /sys/devices/system/cpu/cpu0/cpufreq/scaling_setspeed para forzar unha velocidade). Tamén se pode habilitar o applet de control de frecuencia facendo dpkg-reconfigure gnome-applets e facendoo SUID.
Completamos a Configuración do Sistema
Modificamos Repositorios /etc/apt/sources.list
- Engadimos as seccións contrib e non-free
- Engadimos repositorios de multimedia: http://www.debian-multimedia.org lenny main
- Engadimos repositorios de compiz: deb http://download.tuxfamily.org/shames/debian-lenny/desktopfx/unstable/ ./
- apt-get update
- Collemos as chaves gpg de debian-multimedia: apt-get install debian-multimedia-keyring
- Collemos as chaves gpg de tuxfamily.org: wget http://download.tuxfamily.org/shames/A42A6CF5.gpg -O- | apt-key add -
- IMPORTANTISIMO
- Neste modelo existe un problema de aparcado das cabezas do disco fixo no apagado e suspensión aínda non resolto oficialmente en Debian. É necesario descargar e instalar (dpkg -i) os seguintes paquetes:
Instalamos software adicional
- apt-get install msttcorefonts
- apt-get install mplayer libdvdcss w32codecs
- apt-get install ssh netspeed gsynaptics
Arranxando Os problemas
Grub
Editamos /boot/grub/menu.lst e eliminamos a primeira entrada do XP
TouchPad
Habilitamos o touchpad engadindo o seguinte a /etc/X11/xorg.conf
Section "InputDevice" Identifier "Configured Mouse" Driver "mouse" #Option "CorePointer" Option "Device" "/dev/input/mice" Option "Protocol" "ImPS/2" Option "Emulate3Buttons" "false" Option "ZAxisMapping" "4 5" EndSection Section "InputDevice" Identifier "Synaptics Touchpad" Driver "synaptics" #Option "SendCoreEvents" "true" Option "Device" "/dev/psaux" Option "Protocol" "auto-dev" Option "SHMConfig" "on" Option "HorizScrollDelta" "0" EndSection
E modificando a sección Server Layout para que teña o seguinte:
InputDevice "Configured Mouse" "SendCoreEvents" InputDevice "Synaptics Touchpad" "CorePointer"
Aceleración 3D
O driver instalado por defecto é correcto, pero fáltalle habilitar a aceleración 3D.
- Instalamos os drivers DRI mesa e utilidades: apt-get install libgl1-mesa-dri libgl1-mesa-glx mesa-utils
Co kernel actual de lenny (2.6.21) non é posible facelo, de modo que procedemos a instalación do kernel 2.6.22 da rama sid:
- ACTUALIZACIÓN
- A data de hoxe, (06/10/2007) entrou en testing a rama 2.6.22 do kernel, polo que non é necesario collelo de sid, e non é necesario modificar sources.list
- Modificamos /etc/apt/sources.list cambiando lenny por sid
- apt-get update
- apt-get install linux-image-2.6-686 linux-headers-2.6-686 linux-source-2.6.22 linux-tree-2.6.22 (necesitaremos máis tarde os fontes do kernel para crear o módulo wireless e webcam)
- apt-get install gspca-modules-2.6-686
- Volvemos a modificar /etc/apt/sources.list cambiando sid por lenny
- apt-get update
O xorg.conf quedará así:
# xorg.conf (xorg X Window System server configuration file) # # This file was generated by dexconf, the Debian X Configuration tool, using # values from the debconf database. # # Edit this file with caution, and see the xorg.conf manual page. # (Type "man xorg.conf" at the shell prompt.) # # This file is automatically updated on xserver-xorg package upgrades *only* # if it has not been modified since the last upgrade of the xserver-xorg # package. # # If you have edited this file but would like it to be automatically updated # again, run the following command: # sudo dpkg-reconfigure -phigh xserver-xorg Section "Files" EndSection Section "InputDevice" Identifier "Generic Keyboard" Driver "kbd" Option "CoreKeyboard" Option "XkbRules" "xorg" Option "XkbModel" "pc105" Option "XkbLayout" "es" EndSection #Section "InputDevice" # Identifier "Configured Mouse" # Driver "mouse" #Option "CorePointer" # Option "Device" "/dev/input/mice" # Option "Protocol" "ImPS/2" # Option "Emulate3Buttons" "true" #EndSection Section "InputDevice" Identifier "Configured Mouse" Driver "mouse" #Option "CorePointer" Option "Device" "/dev/input/mice" Option "Protocol" "ImPS/2" Option "Emulate3Buttons" "false" Option "ZAxisMapping" "4 5" EndSection Section "InputDevice" Identifier "Synaptics Touchpad" Driver "synaptics" #Option "SendCoreEvents" "true" Option "Device" "/dev/psaux" Option "Protocol" "auto-dev" Option "SHMConfig" "on" Option "HorizScrollDelta" "0" EndSection Section "Device" Identifier "Intel Corporation Mobile GM965/GL960 Integrated Graphics Controller" Driver "intel" BusID "PCI:0:2:0" #Option "XaaNoOffscreenPixmaps" "true" Option "CacheLines" "32768" Option "DRI" "true" EndSection Section "Monitor" Identifier "Monitor genérico" Option "DPMS" HorizSync 28-64 VertRefresh 43-60 EndSection Section "Screen" Identifier "Default Screen" Device "Intel Corporation Mobile GM965/GL960 Integrated Graphics Controller" Monitor "Monitor genérico" DefaultDepth 24 SubSection "Display" Modes "1280x800" EndSubSection EndSection Section "ServerLayout" Identifier "Default Layout" Screen "Default Screen" InputDevice "Generic Keyboard" InputDevice "Configured Mouse" "SendCoreEvents" InputDevice "Synaptics Touchpad" "CorePointer" EndSection Section "DRI" Mode 0666 EndSection Section "Extensions" Option "Composite" "true" EndSection
Unha vez reiniciado o equipo co novo kernel xa dispoñemos de aceleración 3D, o que podemos comprobar con glxinfo
Bluetooth
Co novo kernel xa funciona o bluetooth
Teclas de Función
E necesario cargar o módulo asus-laptop, o engadimos en /etc/modules. As teclas de función quedarán como sigue:
- Fn+icono Zz (F1): Funciona, pero o script ACPI non funciona correctamente (debería suspender o equipo a RAM).
- Fn+icono torre de radio (F2): Funciona, O script ACPI deten/arranca o wifi e bluetooth. E necesario reconfigura-lo wifi o arrancalo de novo.
- Fn+icono de Sobre (F3): Funciona, a función ACPI arranca o evolution
- Fn+icono 'planeta' (F4): Funciona, a función ACPI arranca o Epiphany
- Fn+icono Sol Coloreado (F5): NON FUNCIONA, o ACPI non detecta a pulsación
- Fn+icono Sol Valeiro (F6): NON FUNCIONA, o ACPI non detecta a pulsación
- Fn+icono LCD (F7): Funciona, a función ACPI apaga a iluminación do TFT.
- Fn+icono LCD/TV (F8): Funciona, pero non ten Script ACPI asociado.
- Fn+Touchpad tachado(F9): Funciona, o script ACPI activa/deten o touchpad.
- Fn+icono altofalante (F10): Funciona, descativa/activa o son.
- Fn+icono altofalante abaixo (F11): Funciona, baixa o volume.
- Fn+icono altofalante arriba (F12): Funciona, eleva o volume.
- Fn+C: Funciona, pero non ten acción asociada.
- Fn+V: Funciona, pero non ten acción asociada.
- Fn+T: Funciona, pero non ten acción asociada.
- Fn+Barra Espaciadora: Funciona, pero a acción asociada (lockbtn.sh) non fai nada. Suponse que debe alternar o modo de xestión de frecuencia da CPU.
A barra de botons o lado do encendido ten o seguinte comportamento:
- Botón 'Multimedia': Funciona, pero non ten función asociada.
- Botón do 'corredor': Funciona, pero a acción asociada (lockbtn.sh) non fai nada. Suponse que debe alternar o modo de xestión de frecuencia da CPU.
- Boton TouchPad: Funciona, habilita/desactiva o touchpad.
- Boton da pantalla coa s: Funciona, pero non ten acción asociada.
- Boton co 'planeta': Funciona, lanza o navegador Epiphany
As teclas Multimedia (nas flechas) NON FUNCIONAN, o ACPI non detecta a pulsación.
Os scripts a executar por cada pulsación detectada polo sistema ACPI atópanse en /etc/acpi, e se capturan en /etc/acpi/events
. Pódense examinar os valores das teclas mirando o arquivo /var/log/acpid.
As teclas que non funcionan poden programarse no escritorio en Sistema > Preferencias > Combinaciones de Teclas
Wireless
Necesitamos construir o módulo para o noso kernel, xa que non se atopa nos repositorios Debian:
NOTA: No kernel 2.6.24-1 xa se atopa o driver incluido. Sen embargo é necesario facer apt-get install firmware-iwlwifi
- apt-get install kernel-package
- Descargamos o driver e firmware de http://intellinuxwireless.org/
- iwlwifi-4965-ucode-4.44.1.18.tgz
- iwlwifi-1.1.17.tgz
- Preparamos para a compilación
- Descomprimimos as fontes do kernel: (Dende /usr/src)
tar -xvjf linux-source-2.6.22.tar.bz2
- Creamos os enlaces para compilación de modulos: (Dende /usr/src)
ln -s linux-source-2.6.22 linux ln -s /usr/src/linux-source-2.6.22 /lib/modules/2.2.6.22-2-686/source
- Instalamos o firmware:
tar -xvzf iwlwifi-4965-ucode-4.44.1.18.tgz cp iwlwifi-4965-1.ucode /lib/firmware
- Compilamos o módulo:
tar -xvjf iwlwifi-1.1.17.tgz cd iwlwifi-1.1.17 make make install
Unha vez feito esto bastará con insertar o módulo para probar: modprobe iwl4965. Esta tarxeta funciona correctamente, e é moi cómoda de usar con NetworkManager
WebCam
- ACTUALIZACIÓN
- No kernel actual, 2.6.24-1, xa está soportada.
A webcam está soportada polo driver que se atopa en http://linux-uvc.berlios.de/ :
svn checkout svn://svn.berlios.de/linux-uvc/linux-uvc/trunk
cd trunk
make
make install
Para probar a webcam bastará cargar os módulos gspca, compat_ioctl32 e uvcvideo.
Tamén están dispoñible nos repositorios os paquetes para o driver, de modo que alternativamente o podemos instalar:
- apt-get install dh-make build-essential module-assistant
- Arrancamos o programa module-assistant
- Eleximos: update, prepare e en select eleximos o módulo linux-uvc, a continuación poderemos compilar e instalar o paquete .deb creado
Podemos probar o funcionamento da webcam con: mplayer tv:// -tv driver=v4l2:device=/dev/video0:mjpeg:fps=15 -vo x11
Modem
O módem está integrado co chip de son, e é un Si3054 Modem soportado polo driver slmodem (pódese ver co comando aplay -l).
Necesitaremos instalar o paquete sl-modem-daemon: apt-get install sl-modem-daemon e configurar o país con dpkg-reconfigure sl-modem-daemon -plow
Tamén e precisaremos do driver do hardware. Existen dúas posiblidades:
1.- Utilizar o driver incluído co sistema de son ALSA.
- Si estamos a utilizar ALSA, se facilita un driver que ofrece unha funcionalidade básica. Debemos editar o ficheiro /etc/default/sl-modem-daemon e especificar a liña SLMODEMD_DEVICE=hw:0,6.
2.- Utilizar o Driver de SmartLink.
- O driver SmartLink é máis estable e funcional. Sopórtase mediante o paquete sl-modem-source, ou con module-assistant seleccionando o módulo sl-modem.
Para o marcado podemos utilizar wvdial (apt-get install wvdial) e o seu frontend gnome-ppp (apt-get install gnome-ppp).
Lector Dactilar
O fabricante di que soporta Linux (http://www.authentec.com/products-pcsandperipherals-aes1610-spec.html), sen embargo non dei atopado os drivers.
- ACTUALIZACIÓN
- Parece ser que existe un proxecto que da soporte ó lector: http://www.reactivated.net/fprint/wiki/Main_Page.
Descargamos da páxina indicada:
fprint_demo-0.4.tar.bz2 libfprint-0.0.6.tar.bz2 pam-fprint-0.2.tar.bz2
A librería depende de libmagick9-dev e libusb-dev:
apt-get install libmagick9-dev libusb-dev
Preparamos as fontes para crear paquetes debian:
Modos de Suspensión
- Suspender a Disco (hibernar): OK, comando s2disk
- Suspender a Ram (suspender): OK, comando s2ram -f
- Suspender a Ram e gardar tamén en disco: comando s2both, non funciona porque a máquina non está na whitelist.
Para que funcione a opción de suspender a disco coas teclas de función (ACPI) é necesario modificar o arquivo /etc/hibernate/ususpend-ram.conf e poñer a opción USuspendRamForce yes
Efectos 3D
apt-get install compiz-fusion-all fusion-icon emerald fusion-icon (para probar).
Editamos a sesión de usuario e engadimos nos programas de inicio fusion-icon, se queremos activar os efectos no arranque.
Relox Hardware (rtc)
Este equipo está afectado por un bug Debian, que se soluciona poñendo HWCLOCKPARS="--directisa" en /etc/init.d/hwclock.sh e en /etc/init.d/hwclockfirst.sh.
Sofware Extra
- qemu, kvm, kqemu, virtualbox, uml_utilities
- plugins flash
- firefox, extensión foxlingo, java
- idioma galego
- qt3-qtconfig e qt4-qtconfig
- k3b
Bugs sen solución (polo momento)
En realidade, non son demasiado importantes:
Overlay (xv) e aceleración 3D
Coa aceleración 3D non podemos utilizar a saída de vídeo xv, que é moi eficiente e utilizada por algúns programas. Existen dúas solucións:
a) Poñer a aceleración a través de EXA, engadindo Option "AccelMethod" "EXA", ó ficheiro /etc/X11/xorg.conf na sección Device. Este método ten o inconvinte que reduce o rendimento e aumenta o uso da CPU, pero posibilita o uso de programas con saída no overlay.
b) Forzar a saída dos programas a x11. É máis lenta que xv, pero nesta máquina máis eficiente que xv con aceleración EXA.
A imposibilidade de uso de overlay sen aceleración EXA débese a un bug que parece que vai ser solucionado pronto, e de tódolos xeitos, a aceleración X11 con esta tarxeta é moi boa e suficiente para ver vídeo a pantalla completa e en HD.
Teclas ACPI
Certas combinacións de teclas non son detectadas por acpi (Fn+F5, Fn+F6, Fn+Up, Fn+Dn, Fn+Left, Fn+Right), pero están configuradas en Sistema > Preferencias > Combinaciones de Teclas. O brilo da pantalla pode controlarse cun applet do panel de gnome.
Despois de despertar da suspensión a RAM, non se encende o LED do wireless, sen embargo funciona. Para que se volva a iluminar o led basta quitar o módulo asus_laptop e volvelo a poñer.
WebCam e Ekiga
O Ekiga non é capaz de acceder a webcam, dando un erro. O driver da cámara de vídeo únicamente soporta v4l2, e é necesario instalar o plugin:
apt-get install libpt-plugins-v4l2
Ekiga ademáis utiliza overlay para a saída polo que estamos obligados a utilizar aceleración EXA (polo momento). Non tocar os controis de vídeo, xa que causa fallos de segmentación (o driver da cámara é alfa).
Unha solución para que ekiga utilice x11 é a través do menú de Gnome: Sistema->Preferencias->Selector de Sistemas Multimedia->Video: X Window System (sin xv).
luvcview -f yuv nos encende a cámara web amosando o que filma si utilizamos aceleración EXA, xa que únicamente usa overlay para a saída.
Efectos 3D
O compiz-fusion que se está a utilizar e un snapshot da versión en desenvolvemento, e se actualiza cada poucos días. A día de hoxe (13/02/2008) TODO o probado traballa perfectamente.
Lector Dactilar
Parece ser que existe un proxecto que da soporte ó lector: http://www.reactivated.net/fprint/wiki/Main_Page



