Configuración do Cliente NX para o acceso a este servidor

De ASIRodeira

Pantalla de Login
Pantalla de Login

NX é un sistema de compresión do protocolo X que permite a conexión dos clientes X (as aplicacións) a un servidor utilizando liñas de comunicación con pouco ancho de banda. O creador do programa indica que se poden facer accesos remotos gráficos cunha liña de modem de 56K.

Este servidor dispón do servidor FreeNX que lle permite ás aplicacións X (incluíndo os entornos de escritorio como KDE ou GNOME) acceder á pantalla dun equipo remoto utilizando compresión.

Configuración da Conexión (I)
Configuración da Conexión (I)

Para utilizar este servicio, en primeiro lugar debes baixar o cliente para o teu sistema (que en realidade é un servidor X que utiliza o sistema de compresión NX).

Configuración da Conexión (II)
Configuración da Conexión (II)

Unha vez instalado o cliente, debes coller do servidor cun cliente scp (WinSCP ou scp en Linux) o ficheiro /publico/Chave NX/client.id_dsa.key. Nas versións de cliente vellas era necesario poñelo na instalación do cliente: en /usr/NX/share no caso de Linux e no directorio de instalación de NX/share en Windows, sustituindo o ficheiro orixinal, pero nos clientes mais recentes basta importar a chave client.id_dsa.key mediante o botón key na configuración.

Feito esto poderás acceder ó servidor co teu usuario e contrasinal habitual (de gandalf, o servidor Linux).

A configuración do resto de parámetros será a indicada nos gráficos adxuntos.

Ferramentas persoais